25/11/2016

Bo xogo, goles e primeira vitoria a domicilio do Pescados Rubén Burela

O Pescados Rubén Burela consegue a súa primeira vitoria a domicilio e encadea dous triunfos consecutivos tras derrotar por 2-7 ao Plásticos Romero Cartaxena. O conxunto burelés encamiñou a conquista dos tres puntos nunha primeira parte bril
Bo xogo, goles e primeira vitoria a domicilio do Pescados Rubén Burela
A escuadra galega iniciou o partido con intensidade e concentración logrando minimizar o efecto da Bombonera e o empuxe inicial do Plásticos Romero. Tras un par de escarceos locais a resposta burelista foi contundente, Iago Míguez cun disparo raso ao primeiro pau abriu o marcador no minuto 4. Co 0-1 o Pescados Rubén estableceu a súa defensa en media pista invitando ao Plásticos Romero a un xogo máis ofensivo. A boa presión en media pista dos de Daniel Ibañes xerou numerosos roubos e rápidas transicións dun Pescados Rubén que desarbolou ao conxunto local. Iago Míguez e Iago Rodríguez foron os estiletes laranxas para o 0-2 e 0-3, respectivamente. Os locais acusaron o dobre golpe ante un Pescados Rubén cada vez máis fluído en ataque. No minuto 18 chegou o 0-4 obra de Jorge Bellvert. O Cartaxena logrou recortar distancias cun gol de estratexia culminado por Jesús Izquierdo pero o seu achegamento durou pouco xa que Cuco estableceu o 1-5 co que se chegou ao descanso. Na segunda parte mantívose a dinámica do primeiro tempo, os galegos manexaban o tempo dun partido moi empinado para os murcianos. O canteirán Hélder sumouse á festa laranxa tras culminar unha gran acción colectiva que supuxo o 1-6, minuto 26, enterrando case por completo a reacción local. O Plásticos Romero optou polo xogo de cinco en busca dunha remontada milagrosa que nin sequera chegou a acariñar. Rahali logrou o 2-6 no minuto 34 pero a continuación Jesús foi expulsado por dobre amonestación deixando aos locais en inferioridade.. No minuto 36 o capitán burelés, Iago Míguez, certificou a vitoria co seu terceiro tanto e establecendo o 2-7 definitivo para o Pescados Rubén. Ficha técnica Plásticos Romero Cartagena: Raúl, Asensio, Rahali, Rodrigo, Juanpi –cinco inicial- Jesús Izquierdo, Enrique, Cristian Rubio, Josema, Saura, Diego Blanco. Pescados Rubén Burela FS: Álex, Jorge Bellvert, Matamoros, Iago Míguez, Antoñito –cinco inicial- Iago Rodríguez, Cuco, Renato, Petry, Hélder. Goles: 0-1, m.4, Iago Míguez; 0-2, m.9, Iago Rodríguez; 0-3, m.17, Iago Míguez; 0-4, m.18, Jorge Bellvert; 1-4, m.19, Jesús Izquierdo; 1-5, m.20, Cuco; 1-6, m.26, Hélder; 2-6, m.34, Rahali; 2-7, m.36, Iago Míguez. Árbitros: Cuesta Sánchez, García Moron. No Plásticos Romero Cartaxena, cartón amarelo a Juanpi e Cristian Rubio; dobre cartón amarelo a Jesús, expulsado no minuto 34. Pescados Rubén Burela, cartón amarelo a Petry. Incidencias: Partido correspondente á xornada 8 de Primeira División LNFS. Disputado no pavillón Wssell de Guimbarda de Cartaxena.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.