12/11/2016

Remontada do Pescados Rubén Burela en Leganés

Crónica de Gustavo Voces. ACFSF Con unha dobre ocasión de Esther Puche comenzou o duelo entre Leganés e Pescados Rubén Burela, no que as locais buscaban a segunda vitoria do curso. Aos seis minutos dende a frontal da área tras roubo de bal
Remontada do Pescados Rubén Burela en Leganés
O conxunto lucense trataba de igualar a intensidade inicial local para equilibrar o desenrolo dun partido moi competido no seu primeiro cuarto, ambos equipos plantábanse con perigo na porta rival. A nove minutos da conclusión, as lucenses optaban por alternar xogo de cinco con Bea Mateos de porteira xogadora que lles permitía facerse coa posesión. Tiveron ocasións as galegas para igualar o choque pero o bo facer baixo paus de Merce mantiña a escasa renda local que se ampliaría a dous minutos do descanso con un novo gol de Alicia Benete de potente remate que se colaba pola escadra. A renglón seguido o Burela acariciaba o gol e o desenlace do primeiro período as ocasións claras de gol producíanse en ambas áreas pero sin incidencias no marcador parcial. Na reanudación, de novo o Pescados Rubén xogaba de cinco con Bea Mateos. As visitantes conseguían recurtar distancias antes da medianía do período por mediación de Dany que superaba no man a man á gardamallas pepinera tras roubo de balón en primeia liña. Con dous goles nun minuto o Burela daba a volta ao marcador con goles de Lara e de Dany, ambos con xogo de cinco das burelás. A catro minutos para o final, Shiori a porta baleira marcaba o 2-4 que obrigaba ao Leganés polo xogo de cinco con Patri como porteira xogadora. O choque concluía con un balón ao pao e tres ocasións claras das madrileñas que sucumbiron ante un Pescados Rubén Burela máis acertado. Ficha técnica Leganés FSF: Merce, Ampi, Alicia, Patry, Puche –cinco inicial- Marina, Elsa, Laura Medina, Laura Jiménez, More Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Silvia, Bea Mateos, Shiori –cinco inicial- Cilene, Sofía, Judith, Lara, Elvira Goles: 1-0, m.6, Alicia; 2-0, m.18, Alicia; 2-1, m.26, Dany; 2-2, m.34, Lara; 2-3, m.35, Lara; 2-4, m.37, Shiori. Árbitros: Ángel Gómez, Jonathan Pósito. Incidencias: Partido correspondente á xornada 10 de la Primera División. Pavillón La Fortuna de Leganés. 200 espectadores.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.