27/10/2016

Visita ao imbatido Magna Gurpea

Visita ao imbatido Magna Gurpea

O Pescados Rubén Burela FS partirá mañá ás 8.30 horas con rumbo á pista do imbatido Magna Gurpea para disputar pola tarde o segundo desprazamento da tempada, no parapeto de Anaitasuna, a partir das 20.30 horas. “Nunca gañamos alí” advertía o técnico laranxa, Daniel Ibañes, cualificando a cita de “partido moi importante e bonito, ante un rival dos que vai estar arriba” e co optimismo de que “se damos a sorpresa e gañamos poñerémonos por riba deles”.



Despois de estrear a súa cuadrícula a semana pasada, con 6-5 no Derbi Irmandiño fronte a Santiago Futsal, a escuadra da Mariña buscará a primeira recompensa a domicilio na correúda pista navarra. O de Imanol Arregui é un dos catro que seguen invictos en liga, con vitoria en Anaitasuna (4-1, Jumilla FS ) e empates fóra (Cartaxena 1-1 e Gran Canaria 4-4).



Ata o momento o conxunto burelista está cumprindo no máis ca esixente calendario de inicio. A escuadra chega con máis confianza e ganas, tras o impulso anímico e numérico da última xornada en Vista Alegre. “Sabiamos que ía ser moi complicado, pero de momento gañamos o que tiñamos que gañar. Magna ten un cadro configurado para estar entre os mellores, moi contundente en defensa e con boas individualidades en ataque, pero nós iremos a por todas”, concluía Daniel Ibañes.



Na enfermería, a Edu, na recta final da recuperación de xeonllo, súmase Isi, por rotura de fibras no recto anterior do cuádriceps durante o derbi con Santiago. Nas filas locais, Imanol Arregui recupera a Araça tras o partido de sanción con Gran Canaria FS; a súa única ausencia será Eric Martel, logo de pasar por quirófano en dúas ocasións por unha apendicite aguda.



Convocatoria Pescados Rubén: 5. Iago Míguez, 9. Iago Rodríguez, 10. Matamoros, 11. Chano, 12. Petry, 13. Álex, 18. J. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder



Venda anticipada para FC Barcelona



A venda anticipada para a Xornada 5, en Vista Alegre, coa visita do FC Barcelona (venres 4 de novembro, 21.00 horas) estará aberta ata o día do partido, ás 14.00 horas, na sede do Pescados Rubén Burela FS (Venres 28 out. e 4 de nov. 10.00-14.00 horas. Mércores 2 e Xoves 3 de nov. 10.00-14.00//16.00-19.00 horas.).



PREZOS PARA SOCIOS: Adult@: 5 € // Menor de 18 anos: 1 €
PREZOS PARA NON SOCIOS: Adult@: 15 € // Menor de 18 anos: 5 €

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.