20/10/2016

Futsal Galego en Vista Alegre (venres 21, 21.00 horas)

Futsal Galego en Vista Alegre (venres 21, 21.00 horas)

O Pescados Rubén Burela FS recibirá mañá, na terceira xornada, o Santiago Futsal (Vista Alegre, 21.00 horas). A cita será emitida a través de LNFSDirecto



 



Os laranxas, cun inicio moi esixente, buscarán os seus primeiros puntos na liga co aliciente de duelo galego fronte a un rival que aínda non deixou escapar a vitoria.



 



Tras o pase a oitavos de Copa do Rei, o martes pasado fronte ao Prone Lugo, o cadro de Daniel Ibañes volverá esta tarde aos adestramentos para preparar o Derbi Irmandiño, coa única ausencia de Edu. O cadro de Santi Valladares chegará a Vista Alegre coa espiña de quedar apeado da competición tras sucumbir ante o Noia FS (3-2). 



 



Convocatoria Pescados Rubén: 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 10. Matamoros, 11. Chano, 12. Petry, 13. Álex, 18. J. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito, 30. Hélder



Convocatoria Santiago Futsal: 1- Víctor López, 12- Chema Mella, 3- Dani Montes, 4- Palmas, 7- Catela, 9-Antonio Diz, 10- Alemao, 13- Pablo Tallón, 17- Pablo Mel, 19-Santi, 20- Álex Diz e 24- Armando



 



Composteláns e burelistas xa se viron as caras dúas veces en pretempada cunha de cal e unha de area. Os de Santiago impuxéronse con solvencia no Torneo Burela Bonita (1-6) e os mariñáns fixeron o propio en Rianxo, días máis tarde (2-4).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.