15/10/2016

O campión gaña con claridade ao Pescados Rubén Burela

O campión gaña con claridade ao Pescados Rubén Burela
O Movistar Inter estreou a competición ligueira no seu feudo cunha clara vitoria sobre o Pescados Rubén Burela FS (7-1) que competiu ante o actual campión pero non puido dar a sorpresa. O conxunto interista saltou á cancha con velocidade de cruceiro e cunha presión asfixiante que os burelistas non lograron contrarrestar o que propiciou un acoso á meta defendida por Álex. Froito do seu bo xogo o Movistar Inter logrou unha renda de 2-0 nos primeiros minutos. Humberto abriu o marcador (1-0) tras asistencia de Ricardinho e pouco despois ambos xogadores intercambiaron os seus papeis sendo Ricardinho o autor do 2-0, minuto 4. O Pescados Rubén viuse acurralado ante un Movistar con moita movilidade e que mostraba a súa mellor versión, o caudal ofensivo dos madrileños obrigou ao Daniel Ibañes a soliticitar un tempo morto para acougar e ordenar as ideas dos seus. Tivo certo efecto esta pausa aínda que Álex converteuse na boia que mantiña a flote ao seu equipo coas súas boas intervencións. No minuto 10 un despiste defensivo propiciou o 3-0 de Ricardinho tras un saque de banda interista. O 3-0 provocou que o Pescados Rubén apostase polo xogo de cinco con Iago Rodríguez como protagonista. A arriscada decisión burelista xurdiu o efecto desexado xa que cambiou a dinámica do choque. Os pupilos de Daniel Ibañes interpretaron á perfección o xogo de cinco e na súa primeira oportunidade Iago Rodríguez recortou distancias ao marcar o 3-1. O gol laranxa elevou a súa confianza e deu paso aos seus mellores minutos do partido. O dominio mariñao nesta faceta provocou dúbidas na defensa madrileña e o Pescados Rubén gozou de ocasións para acurtar distancias; Iago Míguez, Chano e Petry acariñaron o segundo tanto e Matamoros obrigou a Jesús Herrero a lucirse ao desviar o seu potente disparo que acabou repelendo o pau. O marcador non se moveu e ao descanso chegouse co 3-1. A segunda parte comezou igual que o final da primeira, cunha gran intervención de Jesús Herrero que volveu evitar o segundo tanto laranxa. Tras este aviso o Movistar Inter espertou e David Pazos ampliou a renda local marcando o 4-1 que complicaba máis aínda a remontada galega. Os locais retomaron o control do partido aínda que Bellvert tras combinar con Antoñito volveu atoparse coa figura de Jesús Herrero. Responderon os interistas cunha dobre ocasión de Lolo e Rivillos que Álex desbaratou pero na seguinte ofensiva Rivillos marcou o 5-1, minuto 29. O Pescados Rubén volveu recorrer ao xogo de cinco que acougou a voracidade atacante interista aínda que Ricardinho completou o seu hat-trick co 6-1. Na recta final Jesús Herrero redondeou o seu partido marcando o definitivo 7-1 que sitúa ao Movistar Inter como líder da competición. Ficha técnica Movistar Inter: Jesús Herrero, Ortiz, Ricardinho, Humberto, Taffy -cinco inicial- David Pazos, Lolo, Rivillos, Darlan, Daniel, Raya. Pescados Rubén Burela FS: Álex, Isi, Petry, Iago Rodríguez, Matamoros -cinco inicial- Bellvert, Chano, Antoñito, Iago Míguez, Hélder. Goles: 1-0, m.2, Humberto; 2-0, m.4, Ricardinho; 3-0, m.10, Ricardinho; 3-1, m.12, Iago Rodríguez; 4-1, m.22, David Pazos; 5-1, m.29, Rivillos; 6-1, m.31, Ricardinho; 7-1, m.38, Jesús Herrero. Árbitros: Alonso Montesino, Santander Flamarique. Cartón amarelo a David Pazos e Daniel en Movistar Inter e a Petry, Iago Rodríguez, Matamoros e Hélder no Pescados Rubén Burela FS. Incidencias: Partido correspondente á xornada 2 de Primeira División disputado no pavillón Jorge Garbajosa.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.