11/10/2016

O ansiado comezo, co gran Palma Futsal (mércores 12, 12.00 horas)

O ansiado comezo, co gran Palma Futsal (mércores 12, 12.00 horas)

Vista Alegre levantará mañá o pano para estrear a esperada liga 2016-17 de Primeira División LNFS; será ás 12.00 horas. O PescadosRubén-Burela FS volverá saltar ao parqué na primeira xornada cun dos chamados a loitar cos “reis” da elite, o Palma Futsal, cuarto clasificado en 2015-16 que regresa á Bomboneira semana e media despois de proclamarse campión do cuadrangular Burela Bonita impoñéndose a Movistar Inter e Santiago Futsal.



O cadro mariñán debutará en 2016-17 mantendo o bloque da campaña pasada, co regreso ás pistas de Matamoros e cos reforzos do meta catalán Joan Miñano, procedente do Barcelona B, e do ala Raúl García ‘Cuco’, que chega do Jaén Paraíso Interior.



“Será un partido moi complicado; o Palma xa demostrou que pode pelexar contra os 3 grandes e este ano volverá facelo; reforzouse ben, mantén as ideas de xogo con defensa moi forte, bastante pegada en ataque e unha gran portería” incidía así o técnico burelista, Daniel Ibañes, nas impoñentes virtudes dos insulares, confiando nas ganas laranxas e na fortaleza de Vista Alegre para sacar algo positivo do debut: “Esperemos que sexa un punto a favor xogar na casa e a motivación extra deste esperado inicio; se mantemos a intensidade, sen irnos do partido por causas alleas, poderemos sacar algo” explicaba o adestrador buscando o reflexo do seu último amigable de pretempada, con triunfo ante o Santiago Fustal (2-4).



O vestiario mariñán afrontará a súa primeira cita ligueira con todos os seus efectivos dispoñibles, a excepción de  Edu, inmerso na recuperación de xeonllo tras pasar polo quirófano en maio; Daniel Ibañes desvelará a convocatoria tras o adestramento desta tarde, previsto para as 17.30 horas. Pola súa banda, a expedición de Juanito viaxa sen Lolo Suazo, Helinho e Tutus.



Convocatoria Palma Futsal: Carlos Barrón, Vadillo, Attos, Carlitos, Eloy Rojas, Maico, Joselito, Diego Favero, Nico Sarmiento, Tomaz, Chicho, Paradynski



Semana intensa. O Pescdos Rubén disputará o segundo compromiso de liga xa o sábado, na casa de Movistar Inter (13.00 horas, emisión en directo por Teledeporte).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.