16/09/2016

O Burela Pescados Rubén visita a Estación con gañas de revancha

O Burela Pescados Rubén visita a Estación con gañas de revancha
O Burela Pescados Rubén afronta o sábado 17 unha etapa de montaña na súa visita á Estación onde se medirá ao Atlético Féminas Navalcarnero. O clásico da Primeira División comeza ás 20:00 horas e a escuadra burelista encara a segunda xornada con “ánimo de revancha trala Supercopa de España” manifestou o técnico laranxa, Iván Cao, que vaticina un duelo “moi diferente aos que tivemos na Supercopa. Agora temos o persoal ao completo coa chegada de Cilene, Rarine Betim e Shiori. A súa participación é un plus para o equipo en todos os sentidos”. Ambos conxuntos venceron na xornada inaugural da competición e aínda que o factor cancha outorga “certa vantaxe ao Atlético xa que na Estación sempre é moi complicado puntuar queremos conquistar os tres puntos, somos unha escuadra competitiva e a xogadoras están moi motivadas para este partido”. Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Dany 6. Silvia 7. R. Betim 9. Sabela 10. Lara 13. Nerea 14. Bea Mateos 16. Cilene 17. Sofía 18. Shiori 26. Elvira

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.