09/09/2016

Volve a Liga a Vista Alegre con derbi irmandiño

Vista Alegre inaugura a competición ligueira cun derbi irmandiño entre o Burela Pescados Rubén e o Cidade das Burgas que se disputa o sábado día 10, a partir das 18:30 horas. Ambos conxuntos inician unha tempada con cambios significativos n
Volve a Liga a Vista Alegre con derbi irmandiño
Malia os cambios, o derbi galego preséntase cos condicionantes habituais deste tipo de choques; máxima intensidade, emoción, nervios,...O técnico burelés considera que os tres puntos do derbi “teñen que quedarse en Vista Alegre, creemos na vitoria. O Cidade é un equipo cun espírito competitivo que sempre che esixe concentración, malia as baixas de Vane Sotelo e Lucía Nespereira estou seguro que manteñen esa filosofía. Un triunfo nesta primeira xornada xeraríanos maior confianza para afrontar os próximos duelos con máis seguridade”. Na mesma dirección manifestouse Dany, a brasileira de Burela Pescados Rubén é un referente para o seu equipo e declarou estar convencida de que “imos ver a un Burela Pescados Rubén competitivo, iniciamos unha nova etapa cunha boa mestura de veteranía e mocidade. Traballamos moi ben durante a semana para preparar este inicio de Liga e empezamos a competición ante a nosa afección que sempre é un plus para nós. Este equipo sempre vai defender ao Burela Pescados Rubén con orgullo e a nosa afección pode estar convencida que nos baleiraremos na pista en cada xornada”. Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Dany 6. Silvia 10. Lara 11. Helena 13. Nerea 14. Bea Mateos 15. Judith 16. Cilene 18. Shiori 19. Paula 26. Elvira

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.