03/09/2016

O Futsi Atlético Féminas campión da Supercopa de España

O Futsi Atlético Féminas campión da Supercopa de España tras vencer por 0-4 en Vista Alegre ao Burela Pescados Rubén. Co choque de ida o resultado final da Supercopa de España foi de 7-1 para as colchoneiras.
O Futsi Atlético Féminas campión da Supercopa de España
O duelo comezou co guión previsto xa que as madrileñas tiñan a iniciativa e as burelás esperaban agazapadas para facer dano á contra. Tras uns compases de axustes, o Burela aplicou a súa receita e Elvira gozou dun man a man que Estela desbaratou. Tras esta ocasión as de Iván Cao colleron confianza e levaron perigo á meta defendida por Estela, un par de disparos perigosos presaxiaron a mellor oportunidade laranxa. Elvira fixo mostra da súa atrevemento e cun disparo afastado a punto estivo de abrir o marcador, o larguero evitou o tanto burelao, minuto 7.

No ecuador do primeiro periodo chegou a primeira aproximación roxiblanca, Ju disparou pero sen atopar o obxectivo final. O Futsi controlaba o tempo do choque e Ari debuxou un precioso pase que Marta Pelegrín aproveitou para marcar o 0-1, minuto 13. O 0-1 cortou as esperanzas de remontada laranxa e as visitantes gozaron dunha ocasión para irse ao descanso con maior vantaxe pero Jozi gañou o duelo con Amelia. Con 0-1 chegouse ao descanso e na continuación o Burela Pescados Rubén mantivo o seu espírito combativo pero un disparo de Ari desviouno Marta Pelegrín para marcar o 0-2, minuto 26. As roxiblancas obrigaron a subir a presión laranxa e con máis espazos o Burela acusou o marcador e o cansazo. No tramo final Ari completou o seu gran partido co 0-3, minuto 37, e Faby logrou bater a Nerea desde o dobrepenalti a Nerea, a nova meta mariñá gañara o duelo nun doblepenalti anterior. Sen máis incidencias chegouse ao final dunha Supercopa merecida para o Futsi e que deixa bo sabor no renovado e mozo Burela Pescados Rubén.

Ficha técnica

CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Lara, Bea Mateos, Dany, Judith -cinco inicial- Elvira, Silvia, Sofía, Sabela, Paula, Helena, Nerea.

Futsi Atlético Féminas: Estela, Ariane, Ju Delgado, Amelia, Leti -cinco inicial- Marta Pelegrín, Desi, María Sanz, Faby, Mali , Marilia.

Goles: 0-1,m.13, Marta Pelegrín; 0-2, m.26, Marta Pelegrín; 0-3, m.37, Ari; 0-4, m.40, Faby (dp).

Árbitros: Vilas López de Ourense, Menéndez Nistal de Viveiro.

Incidencias: Partido correspondente á volta da Supercopa de España, disputado no pabellón Vista Alegre de Burela. 700 espectadores. Palco de autoridades coa presenza do Presidente do CNFS, D. Antonio Escribano; Responsable de Fútbo Sala Feminino do CNFS, D. Patricio Allende, directivo do CNFS, D. Juan Abellán e Dña. Ana Isabel García do CNFS; alcade de Burela, D. Alfredo Llano; Xefe do Servizo de Deportes de Lugo, D. Manuel Otero; Vicepresidente de la FGF, D. Carlos Méndez.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.