16/06/2016

O Futuro Laranxa despediu o curso na tradicional gala

O Futuro Laranxa despediu o curso na tradicional gala

A ED Burela FS despediu onte o curso 2015-16 no auditorio municipal. A tradicional gala de clausura do Futuro Laranxa estivo dirixida polo director da escola, Alfonso Mera, coa presenza do alcalde de Burela, Alfredo Llano, xunto ao directivo José Ángel Dovale e o fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco, ademais do secretario técnico, Juanma Marrube, e dos xogadores Hélder e Renato, referencia da formación de base burelista.



Unha animada proxección audiovisual lembrou a gran tempada dos nenos/as ante o concorrido público, de alumnado, pais, nais e profesorado. Todos os pequenos/as deportistas subiron ao escenario do auditorio para recibir o diploma do curso 2015-16 e unha gorra do club.




Compromisos sobre a pista



Tras o peche oficial do curso, os equipos de base non deixarán o seu traballo na pista. Esta fin de semana benxamíns, alevíns, infantís e cadetes participarán no Torneo de Fútbol Sala Base Os Meigallos 2016; os prebenxamíns tamén terán cita, cun amigable o sábado ante SD Narcea en Vista Alegre (12.00 horas). Continuando a axenda, os días 25 e 26, benxamíns e alevíns gozarán do XI Torneo Cidade de Betanzos. Todas as categorías, excepto o conxunto miniprebenxamín, seguirán adestrando ata comezos de xullo para competir no V Memorial Heroes do Orzán (29 xuño-3 xullo, A Mariña-A Coruña), que organiza a Fundación Imdecum.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.