04/06/2016

O Burela FS Pescados Rubén, campión de Liga 2015-16

O Burela FS Pescados Rubén, campión de Liga 2015-16
O Burela FS Pescados Rubén volveu facer historia. O conxunto laranxa converteu a 18ª vitoria consecutiva da tempada, en Logroño, na última xornada, no título de Liga 2015-16. A defensa do FSF Rioja (0-2) púxolles a meta difícil ás de Iván Cao 'Lucas', que conseguiron repetir a xesta de 2012-13 resolvendo o marcador na segunda parte, con Maite e Dany. As mariñás, que viaxaban moi concienciadas de facer os deberes recollendo os tres puntos no desenlace ligueiro, tiveron que armarse de paciencia. O Gonzalo de Berceo presenciou un guión xa escrito. As laranxas, hoxe de amarelo, asumiron a batuta do encontro pero o desacerto nos últimos metros tamén lles provocou momentos de certo nerviosismo que intentou aproveitar o conxunto local sen éxito. Tras as interminables ocasións de Peque -á escuadra-, Claudia -en recuperación-, Gaby -de lonxe-, Maite -dentro da área rioxana-, Bea -de costas fronte a Silvia-..., a 14 burelista protagonizou unha das máis perigosas das galegas cun disparo que freou a gardameta local e que se quedou morto fronte á rede sen atopar rematadora, antes do descanso. Jozi salvou sobre a bucina, desde o chan, un balón moitísimo perigo de Lucía. Forneceu efecto o tempo do descanso; Lucas pediulles serenidade ás burelistas, a paciencia e a constancia traerían o gol laranxa. Así, as mariñás regresaron co mesmo perigo ao terreo de xogo, sen tregua, pero máis incisivas. Maite fixo ver máis preto o soño polo que tanto traballaran e polo que tantas adversidades superaron ao longo da tempada; a capitá abriu a lata aproveitando a saída da meta riojana ante Peque, na banda contraria. Con 0-1, a escuadra galega reafirmouse en posesión e dominio, con máis tranquilidade. Antes de cumprirse a medianía do segundo acto, unha loita na que se aliaron Maite e Dany, ao bordo da liña de meta, fructificou no 0-2. Pouco despois a punto estivo de subir o terceiro, de Peque, en vaselina, pero foise moi alto. As locais continuaron na súa dinámica, moi serias en defensa, cunha gran contribución de Silvia baixo os paus. No 35, primeiro Jozi e en última instancia Peque desbarataron unha das mellores oportunidades do Rioja. Na recta final, o Pescados Rubén mantivo o tipo vendo cada vez máis preto o soño ata que estalou de xúbilo co asubío final. ¡GRAZAS POR FACER REALIDADE OS NOSOS SOÑOS! A Copa de España de Alcorcón está xa ao virar a esquina. As campioas de liga, e de Supercopa de España, protagonizarán un novo espectáculo do mellor fútbol sala feminino a próxima semana, 11-12 de xuño, con Atlético de Madrid Navalcarnero, Ciudad de Alcorcón e UA Alicante. Antes de volver ao traballo, tocan as celebracións; a expedición laranxa chegará mañá a Burela, no día grande das patronales, sobre as 14.00 horas, con rumbo ao recinto das festas para compartir a alegría do título ligueiro con toda a afección. Ficha técnica FSF Rioja: Silvia, Carmen, Rosa, Marta, Lucía, cinco inicial; tamén xogaron María, Patricia, Gloria, Paula CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Dany, Peque, Gaby, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, Claudia Goles: 0-1, minuto 22, Maite; 0-2, minuto 29, Dany Árbitros: Alberto Abad Vicioso e Ernesto Cámara Peñaranda, do colexio rioxano. Sen amoestaciones. Incidencias: Partido correspondente á 30ª xornada da Primeira División RFEF disputado no pavillón Gonzalo de Berceo de Logroño

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.