27/05/2016

Homenaxe municipal ao Campión Galego Cadete

Homenaxe municipal ao Campión Galego Cadete

O CD Burela FS Pescados Rubén Cadete A foi recibido onte no Concello de Burela en recoñecemento polo seu recente título de campión de Liga Autonómica. O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, fixeron os honores animando no seu traballo e felicitando a xogadores e corpo técnico, que acudiron acompañados polo presidente e vicepresidente da entidade, Manuel Blanco e José Luís Sáez.



O equipo de Christian Fustes disputará a fase previa o Campionato de España a próxima semana en Castrourdiales (3-5 de xuño) con Lauburu KE Ibarra, campión do País Vasco, Alhambra de Guijuelo, campión castelano-leonés, Moprisala, campón de Castela-A Mancha, e o anfritrión, como campión cántabro. Antes, terá que facer parada na fase final da Copa Galega o domingo en Lugo, que se disputarán os catro primeiros clasificados de liga; xunto aos laranxas gañáronse este privilexio Santiago Futsal, Lugo Sala FS e Campito FS.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.