2020/21 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Novas
27/05/2016
Edu, intervido con éxito de ligamento cruzado e menisco

O meta do CD Burela FS Pescados Rubén Eduardo Saavedra Cebreiro foi intervido con éxito o mércores pasado de ligamento cruzado anterior e menisco no Hospital Fremap de Vigo. O naronés, que asinou a renovación co club laranxa para 2016-17 o día anterior ao seu paso polo quirófano, sufriu a lesión no xeonllo dereito durante un adestramento no Complexo Deportivo da Marosa hai un par de semanas.


O prazo de recuperación do gardameta laranxa roldará entre os seis e os oito meses.

Publicidade
X Pechar