20/05/2016

Clausura do debut en Autonómica Feminina

Clausura do debut en Autonómica Feminina

O CD Burela FS Pescados Rubén pechou a semana pasada a súa primeira tempada en Autonómica Feminina na 14ª praza, con 28 puntos, despois de 30 xornadas, con 9 triunfos, 1 empate e 20 derrotas.



O cadro laranxa despídese da competición tras un bo ano de adaptación á categoría. “O equipo competiu moi ben, dando a cara fronte a todos os rivais, incluso os da parte alta, coa excepción de partidos puntuais nos que as baixas nos condicionaron en exceso. Foi un ano no que o equipo amosou unha evolución continua, deu un paso adiante sobre a pista, avalado pola excelente actitude das rapazas e as maiores ganas por aprender e mellorar que teñen todas” reflexionaba así Pablo Díaz, que alternou as súas responsabilidade como adestrador de Autonómica coas de preparador físico do conxunto de Primeira RFEF. “Continuaremos adestrando ata a clausura da escola a mediados de xuño, e traballaremos sobre a participación nalgún torneo estival” puntualizaba Pablo.



O proxecto burelista mantivo o bloque de 2014-15 en Provincial, coa incorporación dalgunhas rapazas procedentes doutros equipos da Mariña: Jessica López, Lara Díaz, Xela Bernardo, Gracieth Coelho, Paula Lestegás, Anna Fernández, Carla González, Noemí da Silva, Paula Rubiera, Carla Bolaños, Nerea Abad e Nuria Rolle, con xogadoras que alternaron o traballo co de Primeira, como Emma, Judith e Silvia Rubal, xunto a Lara e Eva. Nos últimos meses tamén compartiron a dinámica de adestramentos as infantís María Bertolo e Claudia Pernas. Xunto a Pablo Díaz, colaboraron no corpo técnico Álex Abad, José Bolaños e Carlos González.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.