13/05/2016

Vista Alegre engalánase de liderado (domingo 15, 12.30 horas)

Vista Alegre engalánase de liderado (domingo 15, 12.30 horas)

A liga de Primeira RFEF retómase este domingo en Vista Alegre engalanado de liderado laranxa. Ao Burela FS Pescados Rubén quédanlle catro partidos para defender o cume do podio; o primeiro obstáculo que terá que salvar será a visita do Jimbee Roldán FSF (12.30 horas), sétimo (38 puntos). “Estamos moi concienciadas de responder nos partidos que nos quedan” advertía Jozi, que regresou como titular baixo os paus en Navalcarnero tras “unha recuperación excelente e sen ningunha molestia” da súa fractura no brazo. O encontro poderá seguirse en directo por streaming, dende AQUÍ.



“O descanso polos compromisos de España en Moscova veunos moi ben para baixar a adrenalina. Gañar en Navalcarnero foi un subidón e tivemos uns días para dixerilo e volver centrarnos na liga. Esta semana xa adestramos con normalidade” falaba así a porteira da éxtase vivida na xornada anterior ao empoleirarse á primeira praza da clasificación.



“No partido de Roldán non estivemos ben; iso debe servirnos para aprender e de aviso para non relaxarnos” incidía así Jozi sobre o empate 3-3 na primeira volta. “Roldán é un equipo peleón, con calidade; vén sen nada que perder e coa motivación de gañar ao líder” adiantaba a meta os detalles da cita.



Vista Alegre será máis importante que nunca nesta recta final. “Esperamos a afección como sempre; estivo durante toda a tempada e agora é o momento de gozar, de xogar bonito e xogar para todos eles. Oxalá poidamos brindarlles unha grande alegría ao final” concluía Jozi.



Con 1 punto por debaixo das mariñás, o Atlético de Madrid visita o Orvina, na penúltima praza, o sábado.



CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Dany, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 31. Eva

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.