08/04/2016

Ánimos de revancha

Ánimos de revancha

O Burela FS Pescados Rubén recibe este sábado ao UA Alicante con ánimos de revancha na 23ª xornada de Primeira RFEF. O cadro levantino, único tropezo das laranxas na tempada, chegará a Vista Alegre (18.30 horas) na quinta praza (42 puntos). A cita poderá seguirse en directo a través de streaming.

“É un día marcado no calendario. É o único equipo que nos gañou na liga (3-0) e afrontamos o encontro con ganas de sacarnos esa espiña” explicaba o técnico, Iván Cao ‘Lucas’, sendo tamén moi consciente do desafío: “Sabemos que será moi complicado; o UA está na zona alta da clasificación por algo, o seu fútbol sala é dos mellores da competición” advertía o mariñán. “É unha cita moi importante; non podemos fallar para seguir loitando pola primeira praza e esperar a ver que pasa; esta xornada tampouco será nada doada para o Navalcarnero” facía así referencia o adestrador á visita dominical do líder á pista do Alcorcón, terceiro clasificado (52 puntos).

No vestiario laranxa, será seria dúbida Lara, resentida da escordadura de nocello, e non chegará ao cento por cento Gaby, con molestias nun xeonllo. Entrará na convocatoria Judith. Shio, Emma e Jozi continúan os seus respectivos procesos de recuperación.

CD Burela FS Pescados Rubén: 3. Dany, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 31. Eva

 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.