02/04/2016

Burela FS Pescados Rubén 1-4 Movistar Inter

Burela FS Pescados Rubén 1-4 Movistar Inter
Vista Alegre gozou dunha gran tarde dentro e fóra da pista. O Burela FS Pescados Rubén volveu dar unha boa imaxe ante o espectacular e implacable Movistar Inter (1-4). O conxunto de Daniel Ibañes, que volveu competir de ti a ti cun equipo da Galaxia dos Grandes, ofreceu a súa mellor versión tras o descanso, a pesar do 0-2 en contra; o merecido gol dos laranxas chegou na recta final con aposta de cinco.

Os heroes laranxas mantiveron o tipo cun ataque incesante dos campións de España durante os primeiros minutos. Rozando o minuto 6, Iago Míguez protagonizou as dúas grandes primeiras chegadas, tras recuperación de Chino primeiro que acabou en córner e recollendo un pase longo que freou Herrero. Despois do primeiro tempo morto da cita, o Movistar botou man dun rápido contraataque para tomar a iniciativa tamén no electrónico, que culminou Daniel pola banda no minuto 11. As cousas complicábanse para os da Mariña no minuto 15, con vermella para Hélder sobre Rivillos. Tras dúas inconmensurabales actuacións de Álex fronte a Cardinal e Ricardinho, os verdes ampliaron distancias en superioridade numérica nas zapatillas de Cardinal a falta de tres minutos e medio para o descanso (minuto 16).

Regresou o cadro mariñán adiantando filas cunha mellor posta en escena de equipo, sen dominador claro na pista, aínda que o todopoderoso volveu atopar o gol nun rexeite de Álex, que cazou Rafael, e tocou en última instancia en Iago Míguez (minuto 25). Mantívose serio en defensa o conxunto burelao para vivir os seus mellores minutos en ataque rozando o ecuador da segunda parte. Tra aviso do tándem dos Iago no minuto 29 fronte a Herrero, axexou a meta verde Bellvert cedendo o esférico a Míguez, que non puido controlar a porta baleira; máis tarde, Bellvert chegou tarde ao disparo cruzado de Petry. Loitaron os laranxas contra vento e marea merecendo perforar a portería visitante; Iago Míguez, enfrascado na área interista, tivo dobre oportunidade, das máis perigosas do encontro no minuto 34, pero rematou marchándose alta. A falta de pouco máis de cinco minutos para o final, o Pescados Rubén optou por xogo cinco con Iago Rodríguez de capitán. Antoñito culminou o gol tan traballado dos de Vista Alegre, no minuto 37, tras dúas grandes ocasións de Petry e Chino. Con todo, o Movistar volveu beneficiarse dunha saída de balón dos galegos, con Ricardinho asistindo a Rafael antes de cumprirse en minuto 38 para subir o definitivo 1-4.

Ficha técnica

CD Burela FS Pescados Rubén: Álex, Iago Míguez, Petry, Carlitos, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Chino, Iago Rodríguez, Jorge Bellvert, Antoñito, Renato

Movistar Inter FS: Jesús Herrero, Daniel, Ricardinho, Cardinal, Ortiz, cinco inicial; tamén xogaron Borja, Rafael, Humberto, Darlan, Rivillos

Goles: 0-1, minuto 11, Daniel; 0-2, minuto 16, Cardinal; 0-3, minuto 25, Rafael (p.p. de Iago Míguez); 1-3, minuto 37, Antoñito; 1-4, minuto 37, Rafael

Árbitros: González Moreta // Sánchez Chamorro (Castela e León). Por Burela amarela a Bellvert (minuto 17), Renato (minuto 27); vermella a Hélder (minuto 15). Por Movistar, amarela para Cardinal (minuto 28), Ortiz

viartido correspondente á 26ª xornada da Primeira División da LNFS disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. Aforo completo. Vista Alegre presentou a campaña de leite Galega 100%, da Xunta de Galicia, coa presenza da directora xeral de Gandería, Belén do Campo.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.