29/02/2016

Muras e Covas, primeiras paradas de 'Descubre o Fútbol Sala'

Muras e Covas, primeiras paradas de 'Descubre o Fútbol Sala'

O Burela FS Pescados Rubén volve apostar un ano máis como unha das súas principais prioridades polo programa ‘Descubre o Fútbol Sala’ para promover a práctica deportiva en igualdade do fútbol sala entre o estudantado dos centros de ensino de dentro e fóra da Mariña. O CEIP Antía Cal Vázquez de Muras e o viveirense de Covas foron as primeiras paradas da Familia Laranxa nesta nova edición que arrancou tras o Entroido.




Representado por Gaby e Carlitos, xunto aos monitores de base Christian Fustes e Míchel Couceiro, o club burelista compartiu experiencias co alumnado do colexio de Muras, de entre 6 e 12. Os rapaces/as de 5º e 6º de Primaria de Covas, pola súa banda, internáronse na práctica do deporte laranxa con Iago Míguez e Jozi.




O CEIP Cantel de Foz será o próximo destino na peregrinaxe do fútbol sala laranxa entre a xuventude escolar, este mércores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.