27/02/2016

Axustado triunfo das mariñás en Poio (4-5)

Axustado triunfo das mariñás en Poio (4-5)
O Burela FS Pescados Rubén regresa esta noite da festa irmadiña en Poio con outros tres puntos e un axustado marcador de 4-5, resultado que nada facía presaxiar ao descanso da cita, con renda de 0-4 para as laranxas.

Pouco tardaron as mariñás en poñer de cara a cita, con dobre diana xa no minuto 6, primeiro da ex do Poio, Ceci, asistida desde a banda, e despois con Dany, tras contra iniciada por Bea Mateos. Superado o ecuador da primeira parte, as de Lucas subiron o 0-3, cunha xogada entre Peque e Maite que introduciu finalmente a defensa pontevedresa. Na recta final antes do descanso, Lara rubricou o 0-4 desde fóra do área, nunha recuperación.

No segundo período, as locais puideron recortar distancias. Jessi, no minuto 29, abriu a lata desde os dez metros. O tanto de Charo, no 36, mitigouse por unha nova aparición de Dany segundos despois. No último minuto, Yoli atopou a meta de Andrea por partida dobre, co definitivo 4-5.

Ficha técnica

Poio Pescamar FSF: Irene, Jenny, Charo, Jessy e Yoli (quinteto inicial). Tamén xogaron Claudia, Moldes, Pipi, Suki, Ale e Elena.

CD Burela FS Peixes Rubén: Andrea, Dany, Peque , Bea Mateos, Ceci (quinteto inicial). Tamén xogaron Claudia, Lara, Maite

Goles: 0-1, min. 6 Ceci; 0-2, min. 6 Dany; 0-3, min. 12 Ale de Paz (propia porta); 0-4, min. 19 Lara; 1-4, min. 29 Jessy; 2-4, min. 36 Charo; 2-5, min. 36 Dany; 3-5, min. 39 Yoli; 4-5, min. 39 Yoli

Árbitros: Castro Nantes e González Lubián do colexio galego. Amoestaron con cartulina amarela a Lara no Burela.

Incidencias: Partido correspondente á 19ª xornada de Primeira RFEF disputado no pavillón da Seca de Poio.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.