19/02/2016

O Burela Pescados Rubén conquista tres importantes puntos na súa visita a Jumilla

O Burela Pescados Rubén conquista tres importantes puntos na súa visita a Jumilla
Importante vitoria do Burela Pescados Rubén na pista do Jumilla Bodegas Carchelo por 1-5 nun duelo que os mariñaos sentenciaron no tramo final. O choque comezou cun Burela concentrado que soubo conter o entusiasmo local nos primeiros compases e tras uns minutos os laranxas apropiáronse da posesión e mostraron a súa mordente ofensiva. Fede contivo as primeiras embestidas visitantes aínda que nada puido facer ante o detalle de calidade de Iago Rodríguez que cun taconazo puxo en vantaxe (0-1) aos galegos. O ritmo do partido acelerouse e os burelaos gozaron de oportunidades para irse ao descanso con marcador máis cómodo pero Fede e o pouco acerto evitárono. Na continuación os murcianos exerceron unha maior presión sobre a escuadra de Daniel Ibañes que aproveitou unha concesión local para marcar o 0-2 por mediación de Chano, minuto 22. O Jumilla desinflouse uns minutos e o Burela case logra o terceiro. Do posible 0-3 pasouse ao 1-2 logrado por Cristian Rubio que meteu de cheo ao seu equipo no partido. Os murcianos envorcáronse en ataque ante un Burela que conseguía defenderse con seguridade e cando era superado emerxía a figura imponente de Edu para evitar o empate local. Orzáez e Everton probaron a solvencia do meta burelao en resposta ás boas accións de Fede minutos antes. O duelo de porteiros estaba servido. Terry soltou un zapatazo destinado á escuadra galega e un Edu espectacular evitou o empate. Os burelistas comezaban a sufrir en exceso pero tralo tempo morto solicitado por Daniel Ibañes despexaron as súas ideas e sentenciaron o partido. O brasileiro Petry puxo a guinda ao seu bo debut co 1-3, minuto 36, e xa co Jumilla con xogo de cinco o Burela Pescados Rubén redondeou a súa vitoria cos goles de Jorge Bellvert, a porta baleira, e de Chino tras unha brillante xogada colectiva. Ficha técnica Jumilla Bodegas Carchelo: Fede, Javaloy, Rober, Everton, Rubén Orzáez –cinco inicial- Cristian Rubio, Terry, Raúl Canto, Simón, Cristian Jiménez, Malaka. CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Rodríguez, Isi, Hélder, Chino –cinco inicial- Jorge Bellvert, Chano, Antoñito, Petry. Goles: 0-1, m.9, Iago Rodríguez; 0-2, m.22, Chano; 1-2, m.28, Cristian Rubio; 1-3, m.36, Petry; 1-4, m.37, Jorge Bellvert; 1-5, m.40, Chino. Árbitros: Cuesta Sánchez e García Morón. Cartón amarelo a Jorge Bellvert e Chano do Burela Pescados Rubén. Incidencias: Partido correspondente á 21ª xornada da Primeira División da LNFS disputado no pavillón Carlos García de Jumilla.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.