06/02/2016

Esportiu Rubi 1-4 Burela FS Pescados Rubén

Esportiu Rubi 1-4 Burela FS Pescados Rubén
O CD Burela FS Pescados Rubén regresa de terras barcelonesas con tres puntos máis para seguir na brecha do podio de Primeira RFEF logo de impoñerse por 1-4 fronte a Esportiu Rubí FS. O conxunto mariñán, con certos altibajixos, tivo que armarse de paciencia e esperar a pechar o encontro no último cuarto; tras o 0-1 de Peque ao descanso, sentenciaron a cita Gaby e Dany, esta última por partida dobre, a partir do minuto 30.

Non tardaron en ver a portería contraria as de Lucas, con disparo de Peque en parede con Dany, xa no minuto 4, nun encontro con dominio galego fronte a un rival anárquico en busca do contraataque. Con todo, co paso dos minutos, o Burela FS tivo que botar man da serenidade para non caer na precipitación ante o desacerto no último metro.

Regresaron á cancha as mariñás con 0-1 armándose de paciencia para ampliar a vantaxe. Rozando o ecuador da segunda parte, Gaby anotou o 0-2, tras saque de esquina, e incrementou as distancias Dany, en superioridade numérica tras a expulsión de Nona, no 36. A brasileira pechou o baile goleador das laranxas un minuto despois, ao culminar unha contra iniciada por Peque e asistida por Maite. Con xogo de cinco das galegas, as locais adornaron o marcador final a porta baleira no último minuto, nas zapatillas de Alicia.

Ficha técnica

Esportiu Rubí FS: Nerea, Ayala, Alba, Alicia, Bet, cinco inicial; tamén xogaron Nona, Domi, Mariona, Ainoa, Marina, Tosti

CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Dany, Peque, Gaby, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Claudia, Ceci, Lara, Maite, Andrea

Goles: 0-1, minuto 4, Peque; 0-2, minuto 30, Gaby; 0-3, minuto 36, Dany; 0-4, minuto 37, Dany; 1-4, minuto 39, Alicia

Árbitros: Óscar Núñez // David Más (Cataluña)

Tarxetas: Por Rubí dobre amarela a Nona (minuto 34). Por Burela amarela a Gaby (minuto 30), Jozi (minuto 33).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.