16/12/2015

Segunda de Copa. Burela FS 3-2 Poio

Segunda de Copa. Burela FS 3-2 Poio
O Burela FS Pescados Rubén continúa sen erro na Copa Galicia. Esta tarde impúxose 3-2 ao Poio Pescamar FSF en Vista Alegre, no seu segundo compromiso na competición. Comezaron moi enchufadas as laranxas. No primeiro minuto a máxima artilleira burelista xa adiantaba o Pescados Rubén 2-0. Aos 38 segundos tras balón parado e pouco despois superando a meta pontevedresa e recollendo o rexeitamento ao pau; antes xa dispuxeran as de Lucas dunha gran contra entre Peque e Lara. No entanto, o encontro adquiriu un ritmo frenético, con continuas idas e vidas, que axiña prexudicou os intereses mariñáns. No minuto 2, Jenni reduciu ao 2-1, nunha liorta na área en tentativas encadeadas de despexe por parte de Eva. Co paso dos minutos, ambas as escuadras deceleraron na súa ansiedade e tomaron posicións sobre a pista. Superado o ecuador da primeira parte, Maite concedeulle un balón cruzado a Lara que desbaratou Yarie. Eva e a capitá burelista estiveron moi atentas no que puido ser a igualada do Poio, no minuto 13, cun lanzamento de Moldes que ao final se perdeu pola liña de fondo, desviado. A pichichi laranxa dispuxo de novo dunha das mellores ocasións das de Lucas, antes de chegar ao descanso, a punto de cumprirse o minuto 18; o pau impediu subir o terceiro para as da casa. No reinicio, o primeiro aviso tivo como protagonista a Jenni, cun balón raso que rozou o pau ante a defensa de Jozi. No entanto, paseniño as filas burelistas foron buscando ocos para atopar de novo a portería rival. No 26, intentouno Ceci dende a banda, con despexe da defensa pontevedresa; no 27, Peque puxo en pé a bancada laranxa, superando en galopada as filas do Poio e por fin chegou o terceiro. Ceci ampliou a fenda, asistida por Maite nunha recuperación. Con cinco faltas, o Poio optou por xogo de cinco nos últimos seis minutos. Pouco despois, Peque tamén se enfundou na camisola de porteira xogadora indo a por todas. Porén, aí atoparon oco as pontenvedresas para reducir co 3-2, de Jenni, a falta de 1 minuto 22 segundos, sen tempo para máis. Olivo FSF O Burela FS Pescados Rubén disputará o terceiro e último compromiso de grupos de Copa Galicia. Será na pista viguesa do Olivo FSF, de Autonómica, a partir das 21.15 horas. Ficha técnica CD Burela FS Pescados Rubén: Eva, Peque, Gaby, Lara, Bea Mateos, cinco inicial; tamen xogaron Ceci, Maite, Judith, Jozi Poio Pescamar FSF: Yarie, Ale, Yoli, Jenni, Jessi, cinco inicial; tamén xogaron Elena, Claudia, Pipi, Moldes, Charo Goles: 1-0, minuto 1, Gaby; 2-0, minuto 1, Gaby; 2-1, minuto 2, Jenni; 3-1, minuto 29, Ceci; 3-2, minuto 38, Jenni Árbitros: Jordi Villanueva // Juan Rey Incidencias: Partido correspondente á fase de grupos da Copa Galicia disputado en Vista Alegre ante uns 300 afeccionados. Taquilla solidaria destinada á Asociación Protectora de Animais Bigotes de Burela.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.