12/12/2015

O Burela corta a serie triunfal do Atlético con unha emocionante vitoria e mantén o pulso pola Liga

O Burela Pescados Rubén rompe a imbatibilidade colchoneira e mantén o pulso polo título ligueiro tras un triunfo logrado con corazón e cabeza. Gaby marcou o tanto da vitoria a falta de 29 segundos para o final tras unha gran xogada de Maite
O Burela corta a serie triunfal do Atlético con unha emocionante vitoria e mantén o pulso pola Liga
O encontro comezou cun Atlético dominador ante un Burela que lle esperou na súa propia pista en busca dun contragolpe certeiro. Malia o seu control no xogo as madrileñas non xeraban ocasións claras de gol e únicamente un disparo de Marta Pelegrín tivo certo perigo. No minuto 10, Maite perseguiu un balón ata a liña de fondo logrando meter un pase no corazón do área colchoneira onde apareceu o oportunismo de Lara para situar o 1-0. Pouco despois Maite tivo nos seus pés o segundo tras un gran contragolpe pero o seu remate non atopou portería. A posesión era das visitantes pero o perigo levaba cor laranxa. A un minuto para o descanso chegou o empate do Atlético, Leti cun disparo raso sorprendeu a Jozi e ao descanso chegouse con empate no marcador. Na continuación o Burela Pescados Rubén saíu a por todas, apoiado pola súa afección, e xerou ata catro oportunidades claras para adiantarse. Maite non atopou portería, Peque disparou ao pau e Gaby tivo un par de ocasións nas que únicamente lle faltou precisión. A avalancha laranxa tomouse un respiro e ao Atlético comezou a respirar pero sen demasiada ambición ofensiva, demasiada especulación no xogo visitante na tarde de hoxe. Á recta final chegouse co 1-1 e con ambos equipos con cinco faltas. Gaby gozou dunha oportunidade desde o doblepenalti pero o seu disparo non colleu portería. O ida e volta neste tramo final era constante e Amelia puido conseguir o 1-2 pero errou a súa oportunidade. No minuto final emerxeu de novo a raza de Maite para perseguir un balón e asistir a Gaby que rematou case sobre a liña de gol. O 2-1 enardeceu a Vista Alegre que co seu alento empuxou ao seu equipo para defender o xogo de cinco visitante. O seu intento desesperado non obtivo premio e a vitoria quedouse no feudo burelés. Ficha técnica CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Bea Mateos, Gaby, Maite -cinco inicial- Ceci, Lara. Atlético Futsi Navalcarnero: Estela, Ari, Leti, Amelia, Desi -cinco inicial- Marta Pelegrín, Peke, María Sanz. Goles: 1-0, m.10, Lara; 1-1, m.19, Leti; 2-1, m.40, Gaby. Árbitros: Crestelo Blanco, Novoa García. Colexio Galego. Cartón amarelo a Gaby do Burela Pescados Rubén. Incidencias: Partido correspondente á undécima xornada de Primeira División RFEF, disputado en Vista Alegre. Ao redor de 600 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria dos policías falecidos no atentado terrorista de Kabul; Isidro Gabino Sanmartín Hernández e Jorge García Tudela.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.