05/12/2015

Regreso con contundencia

Regreso con contundencia
O Burela FS Pescdos Rubén regresou á pugna ligueira con contundencia na Tarde Laranxa, recuperando a senda da vitoria (5-1), ante un mozo Gironella que saltou a Vista Alegre con valentía e ambición, intentando ralentizar o xogo das mariñás cunha presión alta.

O conxunto de Lucas non perdoou na súa primeira chegada clara á zona de perigo visitante; desde a banda, Bea Mateos cedeu o gol a Peque, ao bordo da liña de meta. Ceci, ao pau no 3, e Bea Mateos, no 4, freada desde o chan por Saray. Andrea non tatexou nun par de chegadas con perigo das catalás e de novo a implacable Peque volveu ver portería, en parede con Gaby, tras desmarque da brasileira (minuto 14). O Gironella puido frear a calidade laranxa cunha presión alta en busca de ocos na defensa local. Berta Velasco reduciu distancias a falta de dous minutos para o descanso asistida por unha talentosa Stela en contraataque. A bucina marcou a chegada do descanso cunha oportunidade de ouro para Ceci ao bordo da liña de meta, asistida por Gaby.

Regresou a contenda sobre a pista con máis fame de máis gol. Laura evitou a tentativa de Peque pero a 7 burelista volveu buscar a meta defendida por Noelia no segundo período; tras superar a defensa catalá, outorgou o gol desde a banda para Lara (minuto 24). Stela, unha das xogadoras máis dinámicas do Gironella, intentou sorprender a Jozi cunha vaselina, sen éxito. Rozando o ecuador do último tramo, Gaby, pegada ao pau, asinou o definitivo 5-1, desde saque de esquina de Peque que recolleu de volea Maite.

Semana de podio. As burelistas volverán á liga este martes, día 8, con duelo irmandiño moi rifado na pista do Ourense Envialia (17.00 horas). Tan só catro días despois, o líder madrileño recalará en Vista Alegre (sábado 12, 18.30 horas).

Ficha técnica

CD Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Peque, Ceci, Bea Mateos, Maite, cinco inicial; tamén xogaron Gaby, Lara, Judith, Jozi

FS Gironella: Saray, Stela, Celia, Helena, Julia, cinco inicial; tamén xogaron Berta Velasco, Laura, Cristina, Zoe, Iris, Noelia

Goles: 1-0, minuto 2, Peque; 2-0, minuto 14, Peque; 3-0, minuto 15, Maite; 3-1, minuto 18, Berta Velasco; 4-1, minuto 24, Lara; 5-1, minuto 29, Gaby;

Árbitros: Muñoz García // Fandiño Rodríguez (Asturias). Por Gironella amarela para Celia (minuto 30)

Incidencias: Partido correspondente á novena xornada de Primeira División RFEF, disputado en Vista Alegre. Arredor de 500 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.