29/10/2015

Samaín con fútbol sala

Samaín con fútbol sala

A base laranxa disputará sete compromisos na casa esta fin de semana. Arrincarán mañá pola mañá os amigables fronte a Lugo Sala en Cadete, Infantil, Alevín, Benxamín e Prebenxamín; pola tarde o Burela FS B recibirá en Terceira División O Carballiño FS.



 



O sábado Autonómica Feminina tamén quedará na casa, coa visita do Portosín, e o Cadete C desprazarase a Mondoñedo en amigable.



 



O luns 2 o Cadete A pechará os compromisos de base na cancha do Campito FS, con liga Autonómica.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.