24/10/2015

O Burela impón a súa autoridade no derbi galego

O Burela Pescados Rubén mantén o pleno de triunfos coa vitoria lograda no derbi galego ante o Cidade As Burgas (7-2). O conxunto burelao encarrilou o partido nunha gran primeira parte na que se mostrou superior ás ourensás en todas as facet
O Burela impón a súa autoridade no derbi galego
O primeiro aviso local chegou por mediación de Peque pero Iria evitou baixo paus o primeiro gol da tarde que chegaría pouco despois nunha gran combinación entre Peque e Gaby que a brasileira culminou para situar o 1-0. A resposta visitante non se fixo esperar e Vanessa sorprendeu cun disparo cruzado e raso para igualar a contenda. A pesar do empate, o Burela Pescados Rubén mantivo a súa velocidade de cruceiro e obtivo o seu merecido premio co 2-1, obra de Peque de disparo afastado, e co 3-1 de Gaby. A goleadora laranxa empuxou á rede unha asistencia de Maite tras gran xogada individual da capitá burelá. O Burela desarbolou á defensa ourensá e Shio aumentou a renda tras pase de Gaby (4-1), minuto12. O Cidade apenas inquietaba a meta local e Ceci concretou unha xogada de estratexia que supuxo o 5-1 co que se chegou ao descanso. Na segunda parte o choque transcorreu por idénticos parámetros, o Burela dominaba con claridade e chegou o 6-1 obra de Bea Mateos tras asistencia de Gaby. Acto seguido, Vanessa recortou distancias nunha boa acción individual (6-2) pero a reacción ourensá quedouse aí malia varios intentos neutralizados pola defensa laranxa. O partido entrou nunha fase sen incidencias ata que o colexiado expulsou a Bea Mateos e Sonia por vermella directa, minuto 35. Con tres xogadoras ambos equipos non se moveu o marcador. No último minuto Peque realiza unha gran xogada para asistir a Gaby que completa a goleada co 7-2 definitivo que supón a sexta vitoria en seis xornadas. Ficha técnica CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Claudia, Peque, Gaby, Shio –cinco inicial- Maite, Bea Mateos, Ceci, Lara, Andrea. Cidade As Burgas: Ana, María Arias, Iria, Lucía Nespereira, Vanessa –cinco inicial- Candela, Nerea García, Albiña, Sonia, Nerea Lorenzo. Goles: 1-0, m.3, Gaby; 1-1, m.3, Vanessa; 2-1, m.6, Peque; 3-1, m.11, Gaby; 4-1, m.11, Shio; 5-1, m.17, Ceci; 6-1, m.24, Bea Mateos; 6-2, m.25, Vanessa; 7-2, m.40, Gaby. Árbitros: Pena Pereira, Amor Vizoso. Ferrol. Expulsaron con cartón vermello directo a Bea Mateos de Burela Pescados Rubén e Sonia de Cidade As Burgas. Incidencias: Partido correspondente á sexta jornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 400 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.