23/10/2015

Repóker de Chino na brillante vitoria do Burela en Santa Coloma

Espectacular vitoria do Burela Pescados Rubén (5-8) na cancha do Catgas E. Santa Coloma con Chino como protagonista co seu repóquer de goles. A escuadra dirixida por Daniel Ibañes mostrou o seu carácter e determinación nun duelo aberto e co
Repóker de Chino na brillante vitoria do Burela en Santa Coloma
O primeiro en golpear foi o conxunto mariñao co home de partido, Chino aproveitou a súa primeira ocasión para abrir o marcador (0-1) pero a aparición de Adolfo no partido animou aos cataláns. Adolfo empatou (1-1) nun lanzamento de falta e Rafa López puxo ao seu equipo en vantaxe (2-1) remantando un balón solto na liña de gol, minuto once. O conxunto local buscou aproveitar o seu mellor momento pero os mariñanaos capearon o temporal e recuperaron o timón para empatar ao bordo do descanso cun disparo afastado de Chino. Co 2-2 chegouse ao descanso e na continuación a estratexia local tivo premio cun novo gol de Adolfo 3-2 que obrigaba ao Burela Pescados Rubén a unha nova reacción. A resposta tamén chegou a través da estratexia sendo Iago Rodríguez o executor do empate á saída dun córner. Con táboas no marcador, ambos equipos mantiveron a súa vocación ofensiva xerando un partido atractivo. No minuto 32 o Burela Pescados Rubén rompeu o partido con dous goles dun gran Chino que se mostrou letal como unha frecha certeira para situar o 3-5 e situar un escenario non esperado na grada local. Bellvert volveu golpear a nave catalá co 3-6 e os locais insistiron co xogo de cinco que aproveitaron Chino e Chano para aumentar a renda laranxa (3-8). No último suspiro o Catgas maquillou o marcador con dous goles de Corvo que situaron o 5-8 definitivo que selou un triunfo merecido do Burela Pescados Rubén. Ficha técnica Catgas E. Santa Coloma: Didac, Rubén, Rafa López, Sepe, Corvo –cinco inicial- Pablo, Fabián, Adolfo, Eric, CD Burela FS Pescados Rubén: Alex, Iago Rodríguez, Chano, Bellvert, Renato –cinco inicial- Chino, Antoñito, Iago Míguez, Isi, Hélder. Goles: 0-1, m7, Chino; 1-1, m.9, Adolfo; 2-1, m.11, Rafa López; 2-2, m.20, Chino; 3-2, m.23, Adolfo; 3-3, m.26, Iago Rodríguez; 3-4, m.32; Chino; 3-5, m.32, Chino; 3-6, m.34, Jorge Bellvert; 3-7, m.35, Chino; 3-8, m.37, Chano; 4-8, m.39, Corvo; 5-8, m.40, Corvo. Árbitros: Díaz Rodríguez, García Hernández. Cartón amarelo a Iago Rodríguez, Antoñito, Chino, Bellvert de Burela Pescados Rubén. Cartón amarelo a Corvo de Catgas E. Santa Coloma. Incidencias: Partido correspondente á sétima xornada da Primeira División da LNFS. Disputado no pavillón Nou de Santa Coloma.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.