10/10/2015

Vitoria no derbi galego e pleno de triunfos

Vitoria no derbi galego e pleno de triunfos
O Burela Pescados Rubén imponse no derbi galego ante Poio Pescamar por 5-3 nun partido que mantivo a emoción ata o final a pesar do dominio laranxa. O duelo comezou cun Burela dominador que apenas deixaba respirar á escuadra pontevedresa pero unha xogada afortunada permitiu ao Poio Pescamar adiantarse no marcador (0-1), minuto 6. A pesar do resultado adverso as mariñás persistiron na súa idea de xogo e voltearon o marcador con goles de Gaby (1-1), nunha contra guiada por Ceci, e Lara (2-1) que bateu con determinación a meta defendida por Irene. Co 2-1 chegouse ao descanso e nos inicios da segunda parte chegou o 2-2, obra de Yoli, dando paso a uns minutos de igualdade no xogo. O Burela non atopaba espazos ante a boa defensa pontevedresa ata que Peque coa súa garra habitual perseguiu un balón para asistir a Lara que establecía o 3-2 de cabeza, minuto 26. O tanto tranquilizou ás locais que aumentaron a súa renda (4-2) por mediación de Peque e o Burela Pescados Rubén puido sentenciar definitivamente pero perdoou en exceso. Na recta final o Poio apostou polo xogo de cinco e Jessi recortou distancias (4-3) levando a emoción a Vista Alegre. No último minuto Peque disipou calquera dúbida marcando o definitivo 5-3 para adxudicarse o derbi galego e contar as xornadas por triunfos. Ficha técnica CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Ceci, Bea Mateos, Shio –cinco inicial- Maite, Gaby, Lara, Andrea, Poio Pescamar: Irene, Yenni, Charo, Claudia, Nere –cinco inicial- Yoli, Jessi, Ale de Paz, Suki, Goles: 0-1, m.6, Claudia (p.p); 1-1, m.9, Gaby; 2-1, m.12, Lara; 2-2, m.21, Yoli; 3-2, m.26, Lara; 4-2, m.31; 4-3, m.36, Peque; 5-3, m.40, Peque. Incidencias: Partido correspondente á cuarta xornada de Primeira División RFEF, disputado en Vista Alegre. 500 espectadores.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.