06/10/2015

Billete para oitavos de Copa con hattrick de Chano

Billete para oitavos de Copa con hattrick de Chano
O CD Burela FS Pescados Rubén clasificouse para oitavos de Copa do Rei tras impoñerse esta noite ao Parrulo FS (1-3), con hattrick de Chano. Ribera Navarra será o seguinte rival dos laranxas, que viaxarán a Tudela a próxima semana.

Este non só foi o partido do 11 burelista. “Foi un partido complicado. O traballo do equipo foi o que nos sacou adiante. Hoxe todos os xogadores demostraron unha grande actitude; todo o equipo estivo moi ben, aínda que nos faltou gol, xerando moitas ocasións” valoraba así a cita o técnico da Mariña, Daniel Ibañes.

O Pescados Rubén xa se puxo por diante no minuto 4 con Chano, que volveu ampliar distancias na recta final antes do descanso, abandeirando a aposta de cinco. No reinicio, os de Burela optaron por porteiro-xogador rozando a medianía do tramo e o 11 laranxa atopou o seu triplete fronte á portería ferrolá, no minuto 36. O Parrulo FS anotou o definitivo 1-3 nas zapatillas de Miguel Muñoz.

“Agora xa toca pensar en Zaragoza; espero que estas dúas últimas vitorias nos axuden tamén en estar máis acertados de cara á portería” facía referencia así Daniel Ibañes ao próximo compromiso dos mariñáns, o desprazamento en liga á pista do DLink Zaragoza (sábado 10, 13.00 horas, Teledeporte).

Emparellamentos de oitavos (13-14 de outubro):

Real Betis FSN – Movistar Inter

Mosteiro Bembrive – Catgas E. Santa Coloma

Silver Novanca – Peñíscola RehabMedic

FS Valdepeñas – Palma Futsal

P. Romero Cartagena – ElPozo Murcia

FC Barcelona Lassa – Magna Gurpea

Jaén P. Interior – D-Link Zaragoza

Aspil Vidal Ribera Navarra – Burela Pescados Rubén

Ficha técnica

O Parrulo FS: Canoli, Cagi, Rubi, Miguel, Jacobo, cinco inicial; tamén xogaron Álex, Isma, Chiva, Rubén, Aarón

CD Burela FS Pescados Rubén: Álex, Isi, Iago Rodríguez, Chino, Hélder, cinco inical; tamén xogaron Renato, Antoñito, Jorge, Chano

Goles: 0-1, minuto 4, Chano; 0-2, minuto 19, Chano; 0-3, minuto 36, Chano, 1-3, minuto 39, Miguel

Tarxetas amarelas: Polo Parrulo FS amarela a Cagi (minutos 5 e 33), Jacobo (38), Isma (39). Por Burela amarela a Isi (minuto 10).

Partido de 1/16 de Copa do Rei disputado na Malata (Ferrol)