26/09/2015

O Burela FS imponse ao Rubí con hattrick de Gaby

O Burela FS imponse ao Rubí con hattrick de Gaby
O CD Burela FS Pescados Rubén sumou esta tarde tres traballados puntos ante un novo Rubí FS, que se plantou en Vista Alegre con descaro e atrevemeento. Gaby converteuse na protagonista goleadora absoluta da cita, con dúas dianas a balón parado e a terceira en galopada de contragolpe.

No minuto 6 Gaby, desde saque de Claudia e toque de Ceci, inaugurou o electrónico cun disparo que superou a liña de meta en raso. Superado o ecuador do primeiro período, o Rubí adiantou a liña de presión para intentar frear o perigo laranxa sobre a meta de Nerea. A piques de marcar estivo Ceci o 2-0, paseándose o balón por diante da portería catalá a través de xogada de estratexia. A defensa mariñá e Andrea C. estiveron correctísimas nas escasas ocasións de perigo do Rubí; entre as máis destacadas, a meta levantina freou o contraataque de Alicia en solitario e máis tarde, a pouco máis dun minuto para o descanso, desbaratou desde o chan a enzarzada tentativa das visitantes na área laranxa.

Con Eva na portería, as burelistas regresaron á pista con ansia de gol, ante un Rubí que acusou o cansazo co paso dos minutos. No primeiro minuto xa puxeron en apertos as catalás, cun lanzamento de Gaby despexado por Alba e outro de Peque, que parou Nerea. Acto seguido Maite non puido recoller un pase ao bordo da liña de meta; Claudia tamén tivo a súa oportunidade na área desde balón parado de Peque. A piques de chegar a medianía deste tramo, Bet quixo sorprender a Eva, sen éxito, con balón cruzado moi desviado, e volveu intentalo no 32, con actuación da meta galega cos pés. Perdoaba demasiado o Burela FS, pero de novo Gaby ampliou distancias, de dobre penalti, no minuto 37. A falta de 30 segundos para a bucina final a 9 laranxa anotou o seu hattrick, soa ante Nerea tras roubo desde a banda. Antes Eva desartellou cunha man prodixiosa un balón de Marina.

Ficha técnica

CD Burela FS Pescado Rubén: Andrea C., Peque, Gaby, Ceci, Maite, cinco inicial; tamén xogaron Claudia, Bea Mateos, Judith, Eva

Esportiu Rubí FS: Nerea, Alba, Ainoa, Marina, Nona, cinco incial; tamén xogaron Ayala, Alicia, Mariona

Goles: 1-0, minuto 6, Gaby; 2-0, minuto 37, Gaby (d.p.), 3-0, minto 39, Gaby

Árbitros: Díaz Fernández, Ricardo // Menéndez Caseiro, José Ignacio (Galicia). Por Burela FS amarela a Ceci (24), Gaby (minuto 28). Por Rubí FS tarxeta amarela para Nona (minuto 19), Bet (minuto 36)

Incidencias: Partido correspondente á segunda xornada de Primeira División RFEF, disputado en Vista Alegre ante arredor de 400 espectadores.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.