25/09/2015

Ao Burela FS escápalle o empate no último suspiro

Ao Burela FS escápalle o empate no último suspiro
O CD Burela FS Pescados Rubén regresará esta noite sen recompensa de puntos de Pamplona tras ver como se lle escapaba o empate no último suspiro. Chino conseguiu igualar a contenda ao filo do descanso; o marcador continuou inamovible durante toda a segunda parte ata o último suspiro, cando os locais atoparon o gol da vitoria con xogo de cinco.

“Foi unha primeira parte moi igualada, na que o Burela FS respondeu ben, malia ir por detrás no marcador, soubemos recuperarnos co gol de Chino. Con todo, tras o descanso perdemos o ritmo de xogo e a posesión de balón. Aturamos o empate pero o rival volveu arriscarse con porteiro xogador, por terceira xornada, e esta vez saíulle ben” reflexionaba ao finalizar o encontro o técnico da Mariña, Daniel Ibañes.

Anaitasuna viviu unha cita moi rifada, cun primeiro tramo no que non proliferaron as ocasións de gol, aínda que foron os da casa os que conseguiron adiantarse xa no minuto 4, con Eseverri de volea. A poucos segundos para o descanso, Chino deulles o empate aos laranxas de dobre penalti. Na segunda parte, as imprecisións e pouca fluidez pasáronlle factura ao Burela FS. A falta de pouco máis de tres minutos para o final, o Magna saíu con porteiro xogador e conseguiu os tres puntos sobre a bucina, de novo nas zapatillas de Eseverri.

Ficha técnica

Magna Gurpea Navarra: Raúl, Araça, Yoshikawa, Víctor, Rafa Usín, quinteto inicial; tamén xogaron Eseverri, Jesulito, R. Martil, D. Saldise, P.

Ibarra

CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Isi, Bellvert, Iago Míguez, Antoñito, quinteto inicial; tamén xogaron Hélder, Iago Rodríguez, Chano, Chino

Goles: 1-0, minuto 4, Eseverri; 1-1, minuto 19, Chino (d.p.); 2-1, minuto 40, Eseverri

Árbitros: Del Pozo García // Munez Carpintero. Por Magna recibiron tarxeta amarela Araça e Yoshikawa.

Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada da Primeira División da LNFS disputado en Anaitasuna.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.