25/09/2015

O Burela FS repite en Vista Alegre, coa visita do retornado Rubí

O Burela FS repite en Vista Alegre, coa visita do retornado Rubí

O CD Burela FS Pescados Rubén repite na casa na segunda xornada de Primeira RFEF, coa visita do Esportiu Rubí FS, que regresa en 2015-16 á máxima categoría do fútbol sala. Vista Alegre acollerá a cita ás 18.30 horas, que poderá seguirse en directo en streaming, coa colaboración de xornalistas deportivos da Mariña. PINCHA AQUÍ



“Atoparemos un equipo moi ilusionado polo seu regreso a Primeira, pero que tamén terá que traballar para amoldarse de novo á categoría” sopesaba o técnico, Iván Cao, Lucas, incidindo na importancia de seguir sumando de tres en tres, logo do seu inicio ante dous noveis, Elche (2-1), e de ser efectivos en Vista Alegre: “Na casa non debemos deixar escapar nada; outros tres puntos viríannos moi ben antes da complicada saída a Alcorcón. Debemos ser pacientes e non precipitarnos aínda que non entren os balóns nos primeiros minutos” advería o adestrador, puntualizando “será un partido parecido ao de Elche, no que levaremos nós o peso”.



Lucas non poderá contar nin con Shio, en plena Copa de Asia coa Selección do Xapón, nin con Lara e Emma, por lesión. Bea Mateos, Claudia e Peque chegan entre algodóns.



Concovatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 31. Eva



Convocatoria Esportiu Rubí FS: 1. Irene, 2. Mariona, 4. Ayala, 7. Alba, 8. Alicia, 9. Ainoa, 10. Mariña, 11. Bet, 13. Nona, 15. Nerea



Peque, con España



Tras a cita da Mariña, Peque participará na concentración da Selección Española en Almendralejo (Badaxoz) entre o domingo, 27 de setembro, e o xoves 1 de outubro, con amigables fronte a Portugal.
LISTADO OFICIAL
Porteiras:
Belén de Uña Marzo, AD ALCORCÓN FSF
Jennifer Pedro de Blas, UNIVERSIDAD ALICANTE
Vanessa Barberá Martínez, PONTE OURENSE
 Peches:
Isabel García Carrión, AD ALCORCÓN FSF
Leticia Sánchez Martín, AT. NAVALCARNERO
Amelia Romero De La Flor, AT. NAVALCARNERO
 Alas:
Ana Sevilla Luján, AD ALCORCÓN FSF
Iria Saeta Álvarez, CIDADE DAS BURGAS
Patricia González Mota, BURELA PESCADOS RUBÉN
Amparo Jiménez López, ASD CITTÀ DI MONTESILVANO (ITALIA)
 Ala-pivotes:
Marta Peñalver Ramón,  ROLDÁN FSF
Erika González Asensio, VALDETIRES FERROL
Pivotes:
Vanessa Sotelo Quintela, CIDADE DAS BURGAS
Rebeca Hermida Montoro, LUPE CALCIO A 5 (ITALIA)



 

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.