12/09/2015

Bo xogo e reparto de puntos en Vista Alegre

Bo xogo e reparto de puntos en Vista Alegre
Reparto de puntos en Vista Alegre entre o CD Burela FS Pescados Rubén e Aspil Vidal Ribeira Navarra que ofreceron un bo espectáculo que finalizou con empate a dous tantos. O duelo comezou cun Burela Pescados Rubén dominador, realizando unha boa presión en zona alta e con boa fluidez ofensiva. Chano rubricou aos seis minutos o bo xogo laranxa cun potente disparo ante o que Molina pouco puido facer. Co 1-0 os navarros reaccionaron aínda que os pupilos de Daniel Ibañes lograron frear as súas acometidas e gozaron dalgunha ocasión máis para aumentar a renda nunha perigosa contra que finalizou Chino. Ao descanso chegouse co 1-0 e na continuación ambos equipos mantiveron a intensidade e intercambiaron varios golpes. A partir do minuto 25, o Aspil Vidal Ribeira comezou a manexar mellor o xogo ante un Burela Pescados Rubén que non lograba ter a posesión e víase obrigado a correr en exceso. O empate chegou nun excelente disparo coa zurda de Joselito (1-1) dando paso a uns minutos de acoso navarro que os bureleses capearon con sufrimento. Entón apareceu o oportunismo de Iago Míguez para marcar o 2-1, minuto 31. O canterano burelés cazou un rexeite de Molina tras disparo de Chinés pero os navarros volveron xerar perigo. Edu salvou o primeiro envite de Joselito pero non puido evitar o empate dos navarros. Con xogo de cinco, Andresito logrou o 2-2 e no sprint final Iago Míguez puido lograr o triunfo pero o seu disparo marchouse por encima do larguero. Ficha técnica CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Chino, Antoñito, Helder -cinco inicial- Isi, Iago Rodríguez, Jorge Bellvert. Aspil Vidal Ribeira Navara: Molina, David, Andresito, Joselito, M.García -cinco inicial- Hamza, Roger, Luisma, Loito, David Pazos. Goles: 1-0, m.6, Chano; 1-1, m.29, Joselito; 2-1, m.31, Iago Míguez; 2-2, m.37, Andresito. Árbitros: Gallo Suárez e Velasco Martínez. Asturias. Amarela a Chano, Chino, Bellvert no Burela e na escuadra navarra a Joselito, Hamza e David. Incidencias: Partido correspondente á primeira xornada da Primeira División da LNFS. Disputado en Vista Alegre. 900 espectadores

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.