02/09/2015

Comunicado Oficial dos Clubs da LNFS

Trala convocatoria de folga que declarou a Asociación de Xogadores de Fútbol Sala (AJFS) que afecta ás catro primeiras xornadas de Liga en Primeira División, os Clubs da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS), mantiveron unha reunión este mérc
Comunicado Oficial dos Clubs da LNFS
Trala reunión mantida este mércores en Madrid, os Clubs da LNFS desexan comunicar os seguintes acordos alcanzados por unanimidade: 1.- Os Clubs da LNFS desexan amosar o seu respecto ao dereito a folga de calquera traballador. 2.- De igual modo, amparados polo dereito ao traballo, os Clubs da LNFS manifestan que a disputa da competición programada no calendario deportivo levarase a cabo. 3.- Os actuais Clubs que forman a LNFS rexeitan a petición da AJFS de crear un fondo de garantía salarial de 320.000 euros o primeiro ano, 330.000 euros o segundo e 340.000 euros o terceiro, que inclúe tamén o pago de débedas por pactos de palabra, sen control fiscal de clubs desaparecidos ou mal xestionados que pertenzan á LNFS durante algún periodo ou a totalidade da tempada, é rexeitado por consideralo impropio e irreal. 4.- A LNFS non acepta nin recoñece outro contrato que non sexa o oficial, que estea depositado na LNFS, e no que se reflicte o pago de Seguridade Social e IRPF. 5.- Desde que fai tres anos se constituíu a Comisión Mixta (clubs, xogadores e RFEF), todas as denuncias por incumplimiento de contratos oficiais foron falladas e cobradas polos xogadores. 6.- Ante a petición de crear un fondo social para a AJFS de 25.000 euros o primeiro ano, 30.000 euros o segundo e 35.000 euros o terceiro, os clubs da LNFS non consideran adecuado financiar á AJFS, tendo en conta de que é unha institución privada e allea á LNFS, así como tamén porque se podería considerar unha inxerencia na súa independencia. 7.- Segundo o acordado na Xunta Directiva e na reunión de Clubs do pasado 8 de Xullo, a LNFS desexa asinar un Convenio coa AJFS que non poña en risco a viabilidad dos clubs actuais, dos seus xogadores de Primeira e Segunda División e os seus empregados, e sempre que este Convenio obrigue a todas as partes (clubs e xogadores) a cumprir coas obrigacións legais e fiscais. Departamento de Comunicación Liga Nacional de Fútbol Sala

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.