29/08/2015

O Palma Futsal conquista o Torneo E para comer, Lugo

O Palma Futsal proclamouse campión do I Torneo E para comer, Lugo ao vencer ao Burela Pescados Rubén por 2-7 nun partido trepidante que se mantivo equilibrado ata o tramo final do encontro. A escuadra laranxa envorcouse en reducir distancia
O Palma Futsal conquista o Torneo E para comer, Lugo
O CD Burela FS Pescados Rubén e o Palma Futsal comezaron a final con gran intensidade e presionando moito ao seu rival. Vadillo avisou cun disparo á madeira e tivo como resposta un bo disparo de Iago Míguez que detivo Carlos Barrón. Con esta presentación comezou unha final que non tiña dono, ambos conxuntos alternaron o perigo en área contraria. Nunha primeira fase, os mariñaos gozaron dun par de ocasións por mediación de Chino e despois os mallorquíns con Sergio e Joselito como protagonistas. No minuto 17 chegou o primeiro tanto, tras unha xogada arriscada dos mariñaos con Edu en pista contraria o balón chegou aos pés de Tomaz que con toque sutil bateu a meta baleira do Burela. Co 0-1 chegouse ao descanso e na segunda parte os pupilos de Daniel Ibañes saíron máis enchufados que a escuadra dirixida por Juanito. Ao dominio laranxa baseado nunha boa circulación de balón que evitaba a presión insular faltoulle precisión no último pase para xerar perigo real. No minuto 27 rompeuse a igualdade do partido. Expulsión de Edu por vermella directa, tras unha falta nas inmediaciones de área sobre Attos, e nesa acción de estratexia Paradynski marcou o 0-2. O Burela que comezaba a acusar certo cansazo, apostou polo xogo de cinco a falta de moitos minutos e aínda que recortou o marcador co 1-3 logrado por Chino foi penalizado polo acerto mallorquín. Chicho situou o 1-4 e Chano fixo o 2-4 pero o 2-5 logrado por Sergio cortou a reacción burelá. Pizarro nos minutos finais redondeou o marcador con dous goles máis (2-7) para levar o título de campión a Palma de Mallorca. Ficha técnica CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Isi, Chano, Chino –cinco inicial- Antoñito, Iago Rodríguez, Bellvert, Helder, Alex, Renato. Palma Futsal: Carlos Barrón, Vadillo, Joselito, Tomaz, Chicho –cinco inicial- Attos, Pizarro, Paradynski, Sergio, Tripodi. Goles: 0-1, m.17, Tomaz; 0-2, m.27, Paradynski; 0-3, m.29, Vadillo; 1-3, m.31, Chino; 1-4, m.32, Chicho; 2-4, m.33, Chano; 2-5, m.36, Sergio; 2-6, m.38, Pizarro; 2-7, m.38, Pizarro; Incidencias: Final do I Torneo E para comer, Lugo. Pavillón Vista Alegre de Burela. Presenza no palco de autoridades do seleccionador español de Fútbol Sala, José Venancio López Hierro.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.