11/08/2015

Eva Lema: "O Burela Pescados Rubén é un gran paso na miña carreira, estou orgullosa de estar aquí"

Eva Lema:
O Burela Pescados Rubén incorpora ao seu persoal á porteira Eva Lema Leis que chega ao conxunto mariñao procedente do Viaxes Amarelle. A moza gardamallas, natural da localidade coruñesa de Muxía, conta con experiencia na máxima categoría e aportará “frescura, competitividade e moita ilusión ao equipo” declarou o presidente da entidade burelesa, Manuel Blanco, que acompañado da directiva Alba Vila exerceron de anfitrións na presentación de Eva Lema. Ambos dirixentes destacaron “a calidade, personalidade e proxección de futuro de Eva. Malia a súa mocidade é unha aposta tamén de presente sendo unha referencia na selección galega Sub21” Con 20 anos, Eva Lema chega ao CD Burela FS Pescados Rubén “cunha enorme ilusión, era unha proposta que non podía rexeitar xa que é unha excelente oportunidade para a miña carreira deportiva. Veño con moitas ganas de aprender e progresar como deportista ao formar parte dun club que é unha referencia nacional e con ambicións deportivas”. O salto a nivel competitivo non supón ningún problema para Eva que considera este paso “un factor motivacional moi importante para min, agradezo ao Viaxes Amarelle a súa confianza en min durante este tempo e desde o club herculino amén me animaron para dar este salto na miña carreira. É un orgullo vestir a camiseta do Burela Pescados Rubén e estou preparada para competir e defender estas cores”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.