2020/21 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Novas
16/07/2015
Álex Pérez, reforzo baixo os paus laranxas

O meta Alejandro Pérez Pérez compartirá responsabilidades con Edu baixo os paus laranxas a próxima tempada. O madrileño, de 22 anos, incorpórase á estrutura do CD Burela FS Pescados Rubén, procedente do Marfil Santa Coloma.


Móstoles e Inter centraron os inicios de Álex no fútbol sala entre 2007-09. Nas últimas tempadas, o internacional sub-18 e sub-21 defendeu a camiseta de Administración 300-Pinto (2009-10), Club Escuela Javi Limones (2010-11), Reale Cartagena (2011-12) e Triman Navarra (2012-14), ademais do club catalán na campaña pasada.

Publicidade
X Pechar