19/06/2015

Posta de gala para despedir o curso 2014-15 do Futuro Laranxa

Posta de gala para despedir o curso 2014-15 do Futuro Laranxa

A ED Burela FS vestiuse de gala onte para despedir o curso 2014-15. O auditorio municipal acolleu o acto, dirixido polo director da escola laranxa, Alfonso Mera, coa presenza do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro Ramiro Fernández, xunto ao presidente do club, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, ademais do secretario técnico, Juanma Marrube, e o director deportivo feminino, Marcelo Santoro, Neco.



Alumnado, pais, nais e demais asistentes á concorrida gala repasaron as alegrías da tempada nunha animada proxección audiovisual, con avance dalgunhas novidades para 2015-16. Como broche final, todos os pequenos/as deportistas subiron ao escenario do auditorio para recibir un diploma do curso 2014-15 e cadanseu chaveiro personalizado.



Tras o peche oficial do curso, os equipos de base non colgarán a camiseta laranxa. Esta fin de semana benxamíns e alevíns gozarán do X Torneo Cidade de Betanzos; todas as categorías, excepto o conxunto miniprebenxamín, seguirán adestrando ata comezos de xullo para competir no IV Memorial Rodrigo Maseda Lozano (2-5 de xullo) que organiza a Fundación Imdecum.



Últimos días para formalizar a matrícula 2015-16. Ata o martes 30 de xuño estará aberta a matrícula da ED Burela FS 2015-16, destinada aos grupos de Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil; coa incorporación da categoría de Iniciación, correspondente aos nen@s nacid@s en 2010 e 2011. Todos aqueles rapaces cadetes e xuvenís interesados en formar parte da estrutura burelista tamén poden formalizar a súa solicitude para as probas de acceso que o CD Burela FS Pescados Rubén convocará para a última semana de xuño. O prazo estará aberto ata o luns 22 de xuño.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.