08/05/2015

As promesas laranxas pechan a Liga ante o 5Sala Coruña

O Burela FS Pescados Rubén B clausura a liga mañá (18.00 h., horario unificado), coa visita do 5Coruña FS a Vista Alegre. Os pupilos de Juanma Marrube afrontan o último compromiso da competición dende unha meritoria décima praza, con 30 pun
As promesas laranxas pechan a Liga ante o 5Sala Coruña
“Estou moi satisfeito por ver como disfrutan os xogadores e pola súa actitude, por saír sempre a xogar, sen querer especular” recoñecía o técnico, Juanma Marrube, á fronte do conxunto laranxa na recta final da tempada. Respecto á valoración das dez xornadas nas que Juanma dirixiu ao equipo indicou que “Estou moi contento polo traballo e sacrificio dos xogadores, polas súas ganas de querer traballar e aprender sempre, incluso pola evolución no xogo, aínda que ás veces non nos acompañaran os resultados”. Derbi mariñao.Na penúltima xornada as promesas laranxas caeron no feudo da Pizzería A Fuga Xove FS por 3-0 nun derbi mariñao no que os burelaos competiron ben ante o líder da categoría que con esta vitoria acaricia o título de Terceira División e, consecuentemente, o ascenso. Ficha técnica Pizzería A Fuga Xove FS: Ismael, Bruno, Manuel Jiménez (1), Bruno de Nois (1), Enrique, cinco inicial; tamén xogaron Víctor, Iván, Solloso, Antón Couto (1), Iago CD Burela FS Pescados Rubén B: Erik, Daniel, Rubén, Alemán, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Aitor, Pancho, Rafa, Renato, Ángel, Javi Fajardo Árbitros: Rivas Fouz // Naray Álvarez (Viveiro). Por Xove amarela a Manuel Jiménez e Antón Couto. Por Burela amarela a Renato e Hélder.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.