23/04/2015

A Revolución Laranxa despide a tempada na Bomboneira (venres 24, 21.00 horas)

A Revolución Laranxa despide a tempada na Bomboneira (venres 24, 21.00 horas)

A Revolución Laranxa, a revolución dos humildes, o equipo que escribiu un capítulo máis con letras de ouro na historia do CD Burela FS Pescados Rubén despide a liga mañá na Bomboneira, coa visita do Montesinos Jumilla FS, ás 21.00 horas. Os mariñáns pecharán a tempada 2014-15, a do exitoso debut na Copa de España, con ganas de brindarlle unha vitoria á afección de Vista Alegre, unha cita coa que Juanlu Alonso, todo profesionalidade e compromiso, tamén concluirá a súa estancia na bisbarra. “Será un partido especial; non pode ser doutra forma tras dous anos e medio aquí. Aínda que seguramente me dea conta despois porque agora estou máis metido na batalla de gañar o partido, que é o obxectivo, que en pensar que é o meu último encontro aquí”.



O cadro laranxa defenderá a novena praza, con 34 puntos, fronte á décimo terceira dos levantinos (28 puntos). “Temos ganas de acabar ben y dar boa imaxe o último día; chegamos un pouco xustos, pero iso serviralles aos máis novos, de novo, para ter máis responsabilidade e seguir medrando” explicaba o adestrador burelista.



Á parte das ausencias xa coñecidas de Jorge Bellvert e Matamoros, por lesión, mañá será dúbida Miguel, que non puido adestrar durante a semana por unha rotura no bíceps femoral sufrida na recta final do partido en Tudela.



Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Behroz, 11.Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 29. Ángel, 30. Hélder

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.