18/04/2015

Derrota do Burela Pescados Rubén por 3-0 na pista do Ribera Navarra

Derrota do Burela Pescados Rubén por 3-0 na pista do Ribera Navarra
O Burela Pescados Rubén cae derrotado na pista do Aspil Ribera Navarra (3-0) nun partido moi igualado que se decidiu na recta final. O duelo entre navarros e galegos comezou cun alto ritmo e durante os primeiros compases os locais estaban mellor ante un Burela Pescados Rubén que co paso dos minutos foise asentando, sobre todo despois do tempo morto solicitado por Juanlu. A igualdade foi a nota predominante e a actuación de Molina e Alex evitaba que se modificase o marcador ata que o Aspil logrou abrir o marcador nunha gran volea de Andresito que coa súa zurda marcou o 1-0, minuto 18, e puido aumentar a renda pero Alex detivo o doblepenalti. Co 1-0 chegouse ao descanso e na continuación o choque alternou fases de xogo posicional con momentos de partido máis abertos no que se intercambiaron oportunidades pero o saldo mantívose favorable para os navarros. A sete para o desenlace chegou a expulsión de Behroz, dobre amarela, que deixou aos mariñaos en inferioridade numérica perfectamente aproveitada polos navarros que rápidamente marcaron o 2-0 por mediación de Roger. O Burela Pescados Rubén buscou reducir distancias coa opción de porteiro xogador pero na primeira acción unha imprecisión laranxa propiciou o 3-0 logrado por Palmas desde propia pista. O terceiro tanto deixou sentenciado un partido igualado que se definiu polo maior acerto local aínda que o Burela loitou ata o final e puido marcar en dúas claras ocasións de Ángel que o pau e Molina evitaron. Ficha técnica Aspil Ribera Navarra: Molina, David, Hamza, Andresito, Orzáez –cinco inicial- Palmas, Jesús, Roger, Luisma, Joselito. Burela FS Pescados Rubén: Alex, Isi, Carlitos, Antoñito, Chano –cinco inicial- Iago Míguez, Behroz, Miguel, Helder. Goles: 1-0, m.18, Andresito; 2-0, m.33, Roger; 3-0, m.34, Luisma Árbitros: Pons Rodríguez, Sarrat Nuevo. Tarjetas: Amarela a Joselito, Palmas e Hamza no Ribera Navarra. Expulsión de Behroz por dobre amarela (m.33) no Burela Pescados Rubén. Incidencias: Partido correspondente a xornada 29 da Primeira División da LNFS.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.