06/04/2015

Kiko despídese do Burela FS

Kiko despídese do Burela FS

Lucía Souto Patiño, máis coñecida como Kiko, non continuará nas filas do CD Burela FS Pescados Rubén. A ala zurda coruñesa, que non puido participar nas rotacións do conxunto laranxa con regularidade por motivos de saúde, despídese do club sen acabar a tempada. “Estiven moi a gusto no equipo, o trato de todo o club foi perfecto, pero non me atopo ben e as circunstancias obríganme a pechar antes de tempo esta boa experiencia” explicaba Kiko.



A xogadora (A Coruña, 1990) recalou na Mariña a principios desta tempada, procedente do Poio Pescamar FS, con máis de quince anos dedicados ao fútbol sala e traxectoria íntegramente galega en equipos como Vioño CF, Sal Lence ou Viaxes Amarelle.



Kiko puido gozar dalgúns minutos na recta final da gran cita de Copa Galicia 2015 e dixo adeus na pista recollendo para todas as súas compañeiras o trofeo irmandiño nas Pontes, tras a vitoria do Burela FS Pescados Rubén 7-0 sobre o Ourense Envialia.



A entidade mariñá agradece o compromiso de Kiko co equipo e deséxalle todo o mellor na súa nova etapa.



 



 



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.