01/04/2015

Cor laranxa no derbi comarcal fronte ao Superti

Cor laranxa no derbi comarcal fronte ao Superti

O Burela FS Pescados Rubén brillou no derbi comarcal fronte ao Superti A Pontenova, impoñéndose a domicilio 1-4, con dobrete de Pancho, xunto a Dani e Alemán, nun inicio meteórico da segunda parte.



Co marcador impasible no primeiro período, tras o descanso os laranxas saltaron á pista a por todas. Antes do minuto 22, os da costa xa vencían por 0-3. Os locais conseguiron reducir distancias, pero Alemán volveu poñer terra por medio co definitivo 1-4.




A Estrada



O cadro de Juanma retomará a liga o 11 de abril, na casa, coa visita da Estrada FS, segundo clasificado (45 puntos).




Ficha técnica



Superti-A Pontenova FS: César, Santiago, Keko, Xoel, Roberto, cinco inicial; tamén xogaron Diego (1), Arón, Fidel e Miguel



Burela FS Pescados Rubén B: Erik, Daniel (1), Pancho (2), Aitor, Rafa, cinco inicial; tamén xogaron Rubén, Alemán (1), Jorge, Riveiro, Javi Fajardo, Borja



Árbitros: Álvarez López // Corral Martínez (Lugo)



Tarxetas: Por Superti amarelas a Xoel, Fidel e Diego. Por Burela FS amarelas a Rafa, Pancho e Alemán

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.