2020/21 Club deportivo Burela Fútbol Sala Único club con equipos masculino e feminino en primeira división
Pescados Rubén
Novas
26/03/2015
Duelo comarcal en Terceira. Destino, A Pontenova

A Terceira División regresa tras unha semana de parada este sábado, ás 18.00 horas, para o Burela FS Pescados Rubén B, que visitará a pista do Superti A Pontenova, con derbi comarcal, o primeiro para Juanma a fronte do equipo laranxa.


Dende a undécima praza e 23 puntos, os de Burela intentarán consolidar a boa liña de resultados, tras o empate co Prone Lugo FS (5-5) e a vitoria fronte ao Troula FS (4-3), e poñerán a proba a fortaleza do quinto clasificado (29 puntos), que tamén vén de gañar, ao 5Coruña FS (0-5).

Publicidade
X Pechar