21/03/2015

O Burela Pescados Rubén vence por 2-5 na pista do Rioxa FSF

Vitoria solvente do Burela Pescado Rubén na compricada pista do Rioxa FSF por 2-5 nun duelo que o conxunto mariñao controlou en todo momento. O conxunto burelés contou co apoio na grada de afeccionados laranxas que se desprazaron a Logroño
O Burela Pescados Rubén vence por 2-5 na pista do Rioxa FSF
Desde o pitido inicial as mariñás levaron o control dun choque complicado ante un rival en pelexa polos postos copeiros pero o bo facer do Burela Pescados Rubén impediu calquera atisbo de sorpresa. Gaby abriu o marcador cun potente disparo tras un saque de falta. Co 0-1 o Burela sentiuse aínda máis cómodo na pista rioxana e plasmou o seu dominio co 0-2, outra vez logrado por Gaby que tras baixar un saque longo de Jozi bateu con clase a Yarie. Sen respiro para as locais chegou o 0-3, obra de Tainã, resultado merecido co que se chegou ao descanso. Na continuación a escuadra dirixida por Iván Cao ampliou a súa renda por mediación de Shiori (0-4) deixando tocada a nave rioxana que buscou reaccionar alternando o xogo de cinco. Nun minuto recortou distancias o Rioxa con goles de Jess e Eva Ortega, desde o punto de penalti, pero a súa reacción quedou nun espellismo xa que Peque marcou o 2-5 desde media pista executando a sentenza definitiva. Ata o final as locais buscaron meterse no partido pero a boa defensa laranxa impediu calquera sorpresa e o Burela Pescados Rubén conquistou tres valiosos puntos ante o equipo rioxano. Ficha técnica Rioja FSF: Yarie, Bea Martín, Silvia, Carmen, Eva Ortega –cinco inicial- Jess, Lara, Natalia Peche. Burela Pescados Rubén: Jozi, Peque, Maite, Bea Mateos, Shiori –cinco inicial- Gaby, Claudia, Tainã. Goles: 0-1, m.7, Gaby; 0-2, m.11, Gaby; 0-3, m.13, Tainã; 0-4, m.22, Shiori; 1-4, m.29, Jess; 2-4, m.30, Eva Ortega (pen.); 2-5, m.33, Peque. Árbitros: Óscar Crespo y Luis Vallejo. Amosaron cartón amarelo a Gaby e Jozi do Burela Pescados Rubén. Incidencias: Partido correspondente a la xornada 22 de Primeira División RFEF disputado no Palacio dos Deportes de Logroño que contou con la presenza de unhos 50 afeccionados laranxas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.