17/03/2015

De Copa en Copa

De Copa en Copa

Despois da gran xesta, de facer historia na Copa de España Cidade Real 2015, o Burela FS Pescados Rubén embárcase nun novo reto de Copa. O cadro de Juanlu disputará as semifinais da Copa Galicia, a partido único, mañá na pista do Parrulo Ferrol, de Segunda División (A Malata, 21.15 horas).



A escuadra mariñá chega a esta rolda tras impoñerse ao Mosteiro Bembrive (2-5), de Segunda B, e os ferroláns impuxéronse en cuartos ao Cidade de Narón (2-3).



O corazón, a garra e a coraxe dos semifinalistas da Copa de España deixou certas secuelas na enfermería laranxa. Ás baixas de Edu e Isi, que xa non puideron xogar en Cidade Real por un dedo roto dun pé o gardameta e unha luxación de ombreiro o andaluz, súmanse Bellvert e Carlitos, que non puideron rematar o partido ante o Jaén Paraíso Interior, afectados por unha meniscopatía e unha bursite nun xeonllo respectivamente. Tampouco estará Matamoros, que cumprirá o encontro de suspensión co que foi amoestado en cuartos por unha expulsión. Xunto aos canteiráns habituais do vestiario laranxa, Hélder, Renato, Ángel e Erik, incorporaranse á expedición os xuvenís do Burela FS B Rubén e Aitor.



A outra semifinal decidirase o venres, 20 de marzo, entre Prone Lugo AD e Santiago Futsal (Municipal de Lugo 18.00 horas).



Convocatoria provisional Burela FS Pescados Rubén: 5. Iago Míguez, 9. Behroz,  11. Chano,  13. Álex, 14. Miguel, 19. Erik, 23. Antoñito, 27. Renato, 29. Ángel, 30. Hélder, 28. Rubén, 31. Aitor

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.