25/02/2015

En recordo de Rosalía

En recordo de Rosalía

O CD Burela FS Pescados Rubén recordou onte a grande escritora galega Rosalía de Castro no 178º aniversario do seu nacemento participando na súa xa tradicional cita co Maratón de Lectura que organiza dende hai cinco anos o Colectivo Cultural Buril de Burela. Participaron as promesas de Primeira División LNFS Carlitos e Erik, xunto ao preparador físico Alfonso Mera, ademais da meta Patri e a xogadora Kiko, de Primeira RFEF.



A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor, Made in Galiza, de Séchu Sende, e Lendas galegas de tradición oral, de X.M. González Reboredo, foron algunas das obras escollidas polos representantes laranxas no salón de plenos do consistorio burelao para homenaxear á gran referencia da literatura galega de todos os tempos.



Centros de ensino, asociacións e particulares ofreceron a Rosalía de Castro as súas voces en galego na cita ao longo de oito horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.