20/02/2015

O Burela FS recibe o Móstoles co debut de Lucas en Vista Alegre

O Burela FS recibe o Móstoles co debut de Lucas en Vista Alegre

O Burela FS Pescados Rubén recibirá mañá o Móstoles FSF ás 18.30 horas. A 19ª xornada de Primeira División RFEF será o primeiro encontro de Iván Cao, Lucas, en Vista Alegre á fronte do equipo mariñán: “A medida que se achega o momento van aparecendo os nervios por ver desde o banco o grande ambiente de Vista Alegre nos partidos de Primeira, pero supoño que unha vez que soe o asubío inicial todo desaparecerá; a miña experiencia sobre a pista indícame que despois a concentración só se centra no que pasa no campo de xogo” explicaba con emoción o técnico formado na estrutura burelista.



Desde a terceira praza, con 40 puntos, o Burela FS recibirá ao oitavo clasificado (25 puntos), que vén de empatar co líder, Atlético de Madrid Navalcarnero (3-3) e que conta con Patri Chamorro como a súa grande arma “sobre a que o equipo basee o seu xogo”, indicaba Lucas. “Creo que se mantemos esta actitude e a intensidade demostrada en Ourense, unida á boa defensa, podemos sacar un bo resultado mañá” adiantaba o focego recordando a vitoria da súa estrea a semana pasada na pista do Cidade Burgas (2-3).



A única ausencia será Patri, que continúa co proceso de recuperación tras a intervención de menisco.



Na primeira volta, as burelistas impuxéronse a domicilio 2-4.



Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã.



Podio



Con dous puntos máis que as laranxas, o Cidade das Burgas defenderá a segunda praza na complicada pista do UA Alicante, cuarto. Unha xornada máis accesible a priori terá o líder madrileño (48), coa visita do undécimo, Viaxes Amarelle.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.