11/02/2015

Iván Cao, Lucas, asumirá dirección do Burela FS de Primeira RFEF tras a saída de Quico Otero

Iván Cao, Lucas, asumirá dirección do Burela FS de Primeira RFEF tras a saída de Quico Otero

O ata agora adestrador do Burela FS Pescados Rubén B, Iván Cao Valle, Lucas, asumirá a dirección do equipo feminino de Primeira División RFEF tras a saída de Quico Otero. O club laranxa e o viveirense, á fronte do proxecto dende 2013-14 e actual subcampión de liga, rescindiron de común acordo o contrato que vinculaba o técnico á entidade ata finais de 2014-15. Lucas será presentado oficialmente nos próximos días.



Na nova etapa do equipo feminino, o club mariñán aposta por un cambio de dinámica valéndose da profesionalidade da casa, cun adestrador novo e con amplia experiencia na estrutura formativa laranxa, un novo rumbo para recuperar a senda de resultados positivos e seguir na pelexa polos títulos en xogo. Tras varias tempadas como auxiliar do equipo sénior masculino, Lucas asumiu en 2004 o cargo de segundo adestrador do cadro, en Prata, e en 2007 tamén pasou a formar parte do profesorado da ED Burela FS. En 2010-11, volveu ao banco de Segunda División masculina, compatibilizándoo co traballo de base. En 2012-13, responsabilizouse do conxunto filial, en Terceira División, proxecto que dirixirá o secretario técnico, Juanma Marrube, o resto de tempada, tras as novas obrigas  de Lucas.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.