07/02/2015

Derrota do Burela Pescados Rubén na pista do Universidade de Alicante (3-1)

Derrota do Burela Pescados Rubén na pista do Universidade de Alicante (3-1)

A Universidad de Alicante sacou tallada dos resultados dos equipos que lle anteceden na táboa para meterse de cheo na loita pola Copa de España tras superar por 3 a 1 en terras levantinas ao Burela FS Pescados Rubén no regreso de Carlos Navarro ao banquiño local. A primeira parte resultou de poder a poder entre alicantinas e burelesas, na que ambos equipos buscaban de inicio facerse coa manixa do partido e presionar a saída do balón rival. O primeiro tanto demoraríase ata os quince minutos de xogo, obra de Sara a pase de Rocío ao segundo pau culminando unha rápida transición ofensiva. Pouco máis tarde, sen dar tempo a que o Burela se refixera chegaba o segundo das locais obra de Andrea Lacrampe cun gran control na zona de pívot aproveitando un envío en longo de Jenny para bater a Jozi. Xa na segunda parte, o Burela intentou subir a intensidade da súa presión, ante unha UA que realizaba continuas rotacións de banquiño. Co paso dos minutos o cansazo comezaba a facer mella nas visitantes que ademais se vían obrigadas a optar polo xogo de cinco, tralo tanto en propia mete de Peque de cabeza no seu intento de interceptar un pase en longo de Jenny. A seis minutos do final, Gaby xa co xogo de cinco conseguía recortar distancias. Baixo esta premisa táctica as lucenses conseguían facerse co control do xogo, pero faltoulles sorte na definición para poder remontar un marcador que quedaría inamovible.



Universidad de Alicante: Jenny; Txitxo, Andrea Lacrampe, Pao e Sara (quinteto inicial). Tamén xogaron, Andrea, Mónica, Amelia, Rocío, Andrea Castelló e Lara.



Burela: Jozi; Peque, Gaby Maite e Paula (quinteto inicial). Tamén xogaron, Cris, Claudia, Lara, Kiko, Shiori e Tainä.



Pavillón Universitario. Preto de 450 espectadores.



Colexiados, Pascual López e Fernández Fuster do colexio valenciano. Amoestaron con caroulina amarela a Lara, Rocío e Amelia na UA e a Peque no Burela.



Goles 1-0, min 15 Sara 2-0, min. 18 Andrea Lacrampe 3-0, min. 33 Peque (propia porta) 3-1, min. 34 Gaby



Crónica de Gustavo Voces (ACFSF)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.